miércoles, 27 de agosto de 2008

OBRADOIROS DE XOGOS

O vindeiro martes día 2, comenzarán na casa da cultura os obradoiros para os nenos. Haberá cine, manualidades, xogos, lectura... As actividades serán gratuitas e o horario será o seguinte:

- Días 2, 3, 4 e 5 de 11 a 12 para nenos de 5 a 8 anos.

- Días 2, 3, 4 e 5 de 12 a 13 para nenos de 9 a 12 anos.

programación setembro 2008


- Obradoiros de xogos: os días 2, 3, 4 e 5 na casa da cultura.

- Sendeirismo: sábado 13 de setembro. Saída porto do Vicedo.

- Inicio Aerobic: características do curso martes 30 as 20:30 na casa da cultura.


lunes, 18 de agosto de 2008

2º Ciclo de cine Woody Allen

Mañá 19 e pasado 20 de agosto ás 21:30h celebrarase na Casa da Cultura de O Vicedo o 2º Ciclo de cine de Woody Allen. Concretamente o día 19 proxectarase a película Acordes y desacuerdos (1999) e o 20 a película Celebrity (1998)



Ruta de kayaks polo Río Sor

O próximo mércores 20 de agosto celebrarase unha nova ruta de kayaks polo río Sor. O punto de encontro será o Porto do Vicedo ás 11h. Desde alí, vehículos da empresa levarán ós participantes ata as Ribeiras do Sor, onde comeza a ruta. O remate da mesma será no propio Porto do Vicedo.

Prezo: 15 euros por persoa
Apto para tódalas idades, mesmo nenos de pouca idade acompañados por adultos.
Prazo de inscrición: Ata o martes 19 de agosto ás 21h. (982 59 01 95)

jueves, 14 de agosto de 2008

Máster de volei praia de San Román

Esta ponte de agosto parellas masculinas e femininas federadas de Galicia e Asturias participarán no I máster de volei praia Concello de O Vicedo. O día máis importante será o sábado pero o venres pola tarde celebrarase a fase previa aberta a calquera parella de calquera idade que queira participar. Instalaranse carpas promocionais, haberá música e moito ambiente para disfrutar dun día na praia.
Os interesados en competir deberán enviar un mail á dirección: voleyplaya2008@telefonica.net antes do xoves 14 de agosto ás 20h indicando nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e mail de contacto. Tamén será posible anotarse a primeira hora da mañá na propia praia.

martes, 12 de agosto de 2008

proxección fotos antigas o mércores 13

O mércores 13 de agosto a partir das 21:30h proxectaranse na pantalla xigante do salón de actos da Casa da Cultura unha nova serie de fotografías antigas que despois se incorporarán á galería de fotos antigas da web oficial do Concello do Vicedo.
As fotografías dividiranse en varios apartados: festas e celebracións, traballos, paisaxes e unha comparativa entre varios lugares hai moitos anos e hoxe.
As fotos serán comentadas por xente do Concello que mesmo aparece nas fotos e haberá posibilidade de facer preguntas sobre elas para resolver dúbidas.

jueves, 7 de agosto de 2008

Éxito do concurso de castelos de area

Hoxe xoves celebrouse na praia de Xilloi o tradicional concurso de castelos de area que tiña 3 categorías: Infantil, xuvenil e adultos. Houbo un gran ambiente para non ser un día moi bo de praia e ó final entregáronse os seguintes premios:
infantil: 1ºSabela, David e Galife; 2º Amaia, Clara e Marta
Xuvenil:1º Leti e Inka; 2º:Cristina e Irene
Adultos: 1ºAdrián, Laura e Marcos, 2º: Magaly e Aida
Tamén houbo caramelos para tódolos participantes


miércoles, 6 de agosto de 2008

Concurso de castelos de area e fotos da ruta de sendeirismo-canoas

Mañá xoves 7 de agosto ás 16:30h na praia de xilloi celebrarase unha nova edición do concurso de castelos de area, onde haberá 3 categorías (infantil, xuvenil e adultos) e premios para cada unha delas. Os participantes terán unha hora exacta para facer as súas figuras e un xurado valorará os traballos.

Por outra banda, hoxe mércores un nutrido grupo de participantes puideron disfrutar da ruta mixta de sendeirismo e canoas. O tempo acompañou pese a unhas gotas a primeira hora da mañá pero despois disfrutaron da vista de varias praias do municipio en sendeirismo e do regreso en canoas por esas mesmas praias. O día20 haberá unha nova ruta.

lunes, 4 de agosto de 2008

ruta de sendeirismo e kayaks o mércores 6 de agosto

O próximo mércores a partir das 10:30h celebrarase unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks que percorrerá diferentes lugares da Ría do Vicedo.
En primeiro lugar terá lugar a ruta de sendeirismo entre a praia de Xilloi e o Porto do Barqueiro, pasando polas praias de Caolín, Vidreiro, Fomento e Arealonga ata chegar ó Porto do Barqueiro. A Continuación os que o desexen, e cun prezo de 15 euros por persoa, poderán embarcar nos kayaks de moi fácil manexo, e farán a ruta entre o porto do Barqueiro e Xilloi polo mar (sempre que as condicións do mar o permitan, senón farase unha ruta alternativa rematando no porto do Vicedo)
O prazo para anotarse remata o martes ás 21h. A actividade está destinada a tódolos públicos e os kayaks son aptos para tódalas idades, desde nenos ata anciáns.

viernes, 1 de agosto de 2008

Programación agosto 2008

-6 agosto: Sendeirismo/kayaks: Ruta de sendeirismo entre a praia de Xilloi e o Porto do Barqueiro e regreso en kayak (15 € por persoa para os que regresen en kayak)
-7 agosto: Concurso de castelos de area. Praia de Xilloi. 16:30h (gratuito)
-8 agosto: Música: Escola de Samba Zumbom (Brasil) Batukada e Capoeira. 22h. Casco Urbán O Vicedo
-13 agosto: Proxección en pantalla de cine de fotografías antigas do Vicedo (paisaxes, festas, oficios...) con comentarios dos veciños. Salón de actos da Casa da Cultura. 21:30h.
-15, 16 e 17 agosto: Master de volei praia Asturias-Galicia puntuable para campeonato de España. Praia de Area Grande (S. Román) (haberá tamén a posibilidade de xogar equipos locais)
-19 , 20 agosto: 2º Ciclo Woody Allen: 19 agosto: Acordes y Desacuerdos (1999); 20 agosto: Celebrity (1998)
-20 agosto: Baixada do Río Sor en kayak a partir das 11h (15€ por persoa)

Fotos exhibición danza moderna e bailes de salón

Cun gran éxito de participación e público celebrouse o día 31 de xullo a exhibición dos obradoiros de danza moderna e bailes de salón que se celebraron desde mediados de xullo en horario de mañá e tarde. Está previsto repetir estes obradoiros o vindeiro ano.