lunes, 29 de septiembre de 2014

Inicio liga de tenis de mesa e aerobic

De cara a outubro xa podemos ir adiantando que vai haber a segunda edición da liga de tenis de mesa para maiores de 15 anos e para a que está o prazo aberto. Consistirá na disputa dunha primeira volta todos contra todos e unha segunda volta onde se farán dous grupos atendendo á clasificación da primeira volta. O gañador desa segunda volta será o gañador final da liga libre. A inscrición será de 5 euros e dará dereito a participar na liga e a uns pinchos a final de liga. As xornadas da liga celebraranse os venres a partir das 19h comezando a competición xa o 17 de outubro. Podedes anotarvos no tlf 982590195 e no mail concello@concellodovicedo.org
Por outra banda, o mércores día 1 comezará a actividade de aerobic, será os luns e mércores de 20h30 a 21h30 e celebrarase na sala de exposicións da Casa da Cultura. Anotacións na propia sala calquera dos días sinalados.

No hay comentarios: