Este mércores día 29 de xullo a actividade de
mércores de natureza será unha actividade mixta de sendeirismo e kayaks.
Comezaremos percorrendo a ruta de sendeirismo entre o Porto do Barqueiro e o
Porto de Bares, que ten uns 10 km e que pasa polos seguintes puntos de interese:
Porto do Barqueiro, canteira de kañoles, garita de Bares, Vila de Bares e Porto
de Bares. Hai que destacar tamén as fermosas vistas das Rías que hai desde
varios puntos da ruta. A continuación embarcarémonos nos kayaks para facer o
camiño de volta por mar entre os portos de Bares e Barqueiro pasando pola praia
de Vilela. Aínda que a actividade está deseñada para facer completa, hai
posibilidade de facer só sendeirismo (sería gratuito) ou só kayaks (15 € por
persoa). En caso de facer a actividade completa tamén costaría 15 € por persoa.
Para participara na actividade é necesario anotarse
no teléfono 982 59 01 95 ou no mail concello@concellodovicedo.org. O
punto de encontro para iniciar a actividade será o porto do Barqueiro ás
10h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario