Desde fai uns anos todos os mércores do verán véñense organizando os chamados "mércores de natureza". Trátase de actividades que tratan de resaltar a beleza natural da nosa comarca combinado con actividade física lixeira en forma de rutas de sendeirismo, rutas en kayaks ou mesmo a combinación das dúas.
A primeira destas actividades de natureza será este mércores e consiste na Baixada do Río Sor en kayaks, o punto de encontro será o porto do Vicedo ás 10h30 e desde alí vehículos da empresa Actividades Estaca desprazarán aos asistentes ata Ribeiras do Sor para alí meterse no río e comezar o descenso que os traerá de novo ata o Porto do Vicedo. Trátase dunha actividade dunhas 2 horas de duración en kayaks insumerxibles e moi doados de manexar polo que se convirte nunha actividade moi interesante para familias.
A actividade ten un custe de 15€ por persoa e hai que anotarse no 982 59 01 95 ou omix@concellodovicedo.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario