Esta semana temos previstas 2 actividades socioculturais. En primeiro lugar, dentro dos mércores de natureza, achegarémonos á coñecida Costa de Loiba para andar o camiño entre Ribeira do Carro e o Porto do Barqueiro. Trátase dunha ruta duns 10 km que percorrerá os seguintes puntos de Interese:
-Praia de Ribeira do Carro: Vese unha espectacular praia onde tradicionalmente se recolleron algas para uso industrial e alimentario.
-O Banco de Loiba: O supercoñecido banco que ofrece unha fermosa vista sobre a Ría de Ortigueira.
-Praia e lugar de Picón: Praia moi brava e lugar de Picón onde hai restos dun muiño de vento.
-Praia de Esteiro no Barqueiro, praia moi fermosa e apta para deportes como surf.
-Porto do Barqueiro: O pequeno e pintoresco porto do Barqueiro na desembocadura do Río Sor.
A ruta deste mércores está orientada para acceder a ela por transporte público, concretamente no tren de FEVE que percorre a comarca. Así, o punto de encontro será o apeadeiro de FEVE no Vicedo ás 12h45 para coller o tren das 13h. Desde alí desprazarémonos en dito tren ata o apeadeiro de Loiba para iniciar alí a marcha. Para regresar hai 2 posibilidades, tomar o tren que pasa polo Barqueiro ás 17h ou mesmo regresar a pé ata O Vicedo desde O Barqueiro.
Máis información e inscrición no 982 59 01 95 e no mail concello@concellodovicedo.org
Por outra banda, entre o mércores 19 e o domingo 21 de agosto celebrarase unha nova edición do campeonato de tenis de mesa nas instalacións da Casa da Cultura do Vicedo. Hai 2 categorías, xuvenil e adultos e organizarase do seguinte xeito:
Mércores e venres a partir das 19h: Torneo xuvenil
Xoves e venres a partir das 20h: Torneo adultos
Hai premios para os 2 primeiros de cada categoría e a inscrición é de 3 €
Máis información e inscrición no 982 59 01 95 e no mail concello@concellodovicedo.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario