lunes, 10 de agosto de 2015

Esta semana: Sendeirismo/kayaks e karaoke

Continúan as actividades de verán esta semana con 2 actividades moi interesantes.
A actividade de mércores de natureza será unha actividade mixta de sendeirismo e kayaks que tivo que ser aprazada polo mal tempo o pasado 29 de xullo. Será este mércores 12 de agosto e comezaremos percorrendo a ruta de sendeirismo entre o Porto do Barqueiro e o Porto de Bares, que ten uns 10 km e que pasa polos seguintes puntos de interese: Porto do Barqueiro, canteira de kañoles, garita de Bares, Vila de Bares e Porto de Bares. Esta ruta percorre parte do Camiño dos Arrieiros e hai tamén varias mámoas  ao longo do percorrido. Hai que destacar tamén as fermosas vistas das Rías que hai desde varios puntos da ruta. A continuación embarcarémonos nos kayaks para facer o camiño de volta por mar entre os portos de Bares e Barqueiro pasando pola praia de Vilela. Aínda que a actividade está deseñada para facer completa, hai posibilidade de facer só sendeirismo (sería gratuito) ou só kayaks (15 € por persoa). En caso de facer a actividade completa tamén costaría 15 € por persoa.
Para participara na actividade é necesario anotarse no teléfono 982 59 01 95  ou no mail concello@concellodovicedo.org. O punto de encontro para iniciar a actividade será o porto do Barqueiro ás 10h.
 
Por outra banda, o xoves teremos unha actividade moi divertida e que ameniza os veráns do Vicedo. Trátase do Karaoke de verán. Na terraza da Casa da Cultura instalarase todo o equipo necesario para pasar unha divertida noite musical. Comezará ás 22h30 e está destinado a adultos e xóvenes.

No hay comentarios: