lunes, 7 de junio de 2021

 Esta semana... presentamos o libro "Sucesos marítimos do Porto do Vicedo", de Hixinio Puentes, onde se repasa a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recopilar información en diferentes fontes, e que teñen como punto en común que tiveron lugar na zona marítima do Vicedo ou con protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo.

A presentación será este sábado 12 de xuño ás 12 da mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura e contará coa presencia do propio autor, Hixinio Puentes e do alcalde do Vicedo, Jesús Novo. Debido ás limitacións sanitarias da COVID-19, lembramos que o aforo será limitado.


No hay comentarios: