Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
lunes, 29 de junio de 2009
Avance actividades verán 09
En poucos dias anunciaremos a programación cultural prevista para o verán que consistirá basicamente en Rutas de sendeirismo, kaiaks, bailes de salón e hip hop, cine, teatro, a tradicional festa do cabalo, castelos de area, dúas actividades sobre sexualidade organizadas polo centro Quérote, etc... Informaremos proximamente
jueves, 25 de junio de 2009
Gala fin de curso da APA
jueves, 18 de junio de 2009
Horario de verán da casa da cultura
Desde o pasado 15 de xuño e ata o 15 de setembro o horario da Casa da Cultura será de 10h a 14h e de 19h a 21h.
miércoles, 17 de junio de 2009
2 novas incorporacións á biblioteca de O Vicedo
sábado, 13 de junio de 2009
festa fin obradoiros
Celebrouse a festa final de despedida dos obradoiros de actividades na praia de Xilloi e houbo xogos tradicionais como a chave e a billarda, camisetas para tódolos nenos, un pequeno lote de libros e moita diversión. Asistiron os nenos que participaron durante todo o curso nos obradoiros de Vicedo e Folgueiro organizados polo Concello de O Vicedo.



miércoles, 10 de junio de 2009
Festa fin de obradoiros de actividades
Este venres 12 de xuño a partir das 17h na praia de Xilloi terá lugar a festa de fin de curso dos obradoiros de actividades que se veñen celebrando os luns, mércores e venres no Vicedo e Folgueiro para nen@s entre 3 e11 anos.
Nesta pequena festa haberá xogos e actividades na propia praia, agasallos, etc e colaborará persoal de Protección Civil de O Vicedo.
Nesta pequena festa haberá xogos e actividades na propia praia, agasallos, etc e colaborará persoal de Protección Civil de O Vicedo.
lunes, 8 de junio de 2009
Éxito do obradoiro de coñecemento da flora de Abrela
jueves, 4 de junio de 2009
obradoiro de coñecemento da flora de Abrela
Mañá venres 5 de xuño, a partir das 17h na recentemente galardonada coa Bandeira azul PRAIA DE ABRELA, celebrarase un obradoiro de coñecemento da flora dunar desa praia. Haberá un pequeno xogo de búsqueda de plantas típicas do sistema dunar, despois elaboración de fichas, etc. Nesta actividade participarán alumnos de Primaria de O Vicedo e está encadrada nas actividades de difusión medioambiental que organiza o Concello de O Vicedo para a consecución do galardón BANDEIRA AZUL, para as súas praias.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)