Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
lunes, 29 de noviembre de 2010
martes, 23 de noviembre de 2010
O Sábado 27 ..Teatro
O vindeiro sábado 27 de novembro a partir das 19h30 o grupo de teatro ARDORA actuará na Casa da Cultura do Vicedo representando a obra ESTIGMAS. Trátase da última representación teatral por este ano correspondente ó proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo. A entrada é gratuita.
viernes, 12 de noviembre de 2010
Mañá sábado teatro na Casa da Cultura
Mañá sábado 13 de novembro unha obra de teatro na Casa da Cultura. Será nesta ocasión o grupo de teatro RAIOLAS de Alfoz que representará a obra A LOTARÍA. A obra comezará ás 20h e a entrada é gratuita. A sinopse da obra é a seguinte:
D. Juan é un xubilado que ten 4 fillas. Clara é a filla que o ten na casa e coida, pero todas discuten continuamente intentando pasar unhas ás outras a responsabilidade e o peso de coidalo na súa vellez. O mesmo fan as respectivas parellas das súas fillas. Todos, fillas e xenros, móvense polo egoísmo e o propio interese. Un día Don Juan atopa un billete no chan e cóntallo a unha veciña que é coa única que parece entenderse. Un domingo xúntase toda a familia para facer unha comida na casa de D. José e nesa xornada sucédense os malentendidos....

miércoles, 3 de noviembre de 2010
martes, 2 de noviembre de 2010
Samain e teatro
Con gran exito de participacion celebraronse estas duas actividades. O teatro presentou unha obra moi interesante sobre a escola na epoca franquista e o desfile de samain, amenazado polo temporal, puido finalmente celebrarse cunha amplia participacion de nenos e adultos.
Lembramos que e xa a oitava edicion deste desfile, o que o convirte no mais antigo da Mariña e un dos mais nomeados de toda Galicia. Ademais, o xoves tamen os nenos do PAI se vestiron para celebrar esta festa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)