Vaise celebrar tamén o tradicional torneo de tute, a ruta de pinchos, haberá dúas ou tres noites de xogos, tanto de videoconsolas como de xogos de mesa. Estase valorando organizar un torneo infantil de subbuteo (fútbol de mesa).
Dentro do programa Letras Vivas, habera 3 actividades de animacion a lectura no mes de abril e maio: Unha de titeres, outra de contacontos e un obradoiro de banda deseñada.
A mediados do mes de febreiro reabrirá o telecentro instalado no sótano da Casa da Cultura con 8 ordenadores con acceso libre e coa organización de cursos de iniciación, medio e avanzado de informática e outras aplicacións.
Ademais desto, nestes días estamos incorporando novos libros á colección da biblioteca, moi reforzada con incorporacións en literatura infantil, literatura en castelán (con moitas donacións de xente que pasa o verán no Vicedo) e tamén varias enciclopedias de interese como MAGIC ENGLISH (cos DVD correspondentes que tamén se prestan), a enciclopedia Océano de estudio con xeneradores de exames, cursos de inglés, titorías, etc, tamén a Historia do S. XX, a Historia da Literatura Universal e a Nova Historia de España.


Por outra banda, refórzase a colección de DVD xa existente con coleccións moi interesantes como Egipto: Últimos descubrimientos (do canal Discovery Channel), Arqueología: Buscando la Verdad ("Pompeya", "En busca del Arca Perdida", "Nefertiti" y "El misterio de las pirámides"; tamén se incorporan as coleccións "Grandes enigmas de la humanidad" "2ª Guerra mundial en color" "Grandes hazañas Bélicas" e "Descubrir Europa"



