

Ó longo deste último mes veñense incorporando novos libros á colección da biblioteca en tódalas seccións. No post anterior destacabamos as incorporacións en DVD e enciclopedias. Pero tamén se están incorporando best sellers en castelán (con libros de películas de éxito, best sellers de John le Carré, etc).
Ademais tamén se incorporan libros a outras seccións como a infantil e xuvenil, destacando o reforzo de títulos para adolescentes (libros para máis de 12 anos) coa colección The Giver, Suso Espada, Sh

erlock Holmes y los irregulares de Baker Street,etc.

Non podían faltar as últimas novidades nos Bolechas e outros títulos infantís de éxito que, ademais, son moi prestados a domicilio para que os nenos e nenas os disfruten no seu domicilio.
Tamen hai libros infantis en castelan da Editorial Everest como os correspondentes a serie CARS e os Little Einsteins, entre outros...
