Debido o gran acollida da obra de teatro " Ya veremos mañana", van a facer unha segunda representación o día 1 de Setembro no Campo da Festa de Negradas, coa colaboración da Asociación de Veciños "O San Miguel" as 21H30
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
jueves, 30 de agosto de 2012
lunes, 27 de agosto de 2012
viernes, 24 de agosto de 2012
miércoles, 22 de agosto de 2012
martes, 21 de agosto de 2012
Descenso Río Sor en Kayaks
Mañá mércores 22 de agosto, dentro das
actividades de ocio activo que se celebran cada mércores do verán, celebrarase o
descenso do Río Sor en kayak. Trátase dun descenso dunhas 2 horas de duración,
apto para todos os públicos xa que non é deportivo senón turístico e que
percorre diferentes puntos de interese como a zona de Ribeiras do Sor, Creximil,
a Illa fluvial de S Martín, as pontes sobre o Río Sor, o entorno da praia de
Arealonga, para rematar no peirao do Vicedo.
O prezo é de 15 euros por persoa e o punto de
encontro será o propio peirao do Vicedo ás 10h30, desde onde subirán en
furgonetas aos participantes para iniciar o descenso nas Ribeiras do Sor. Tlf
982 59 01 95
lunes, 20 de agosto de 2012
Fotos Campeonato de Tenis de mesa
Rematou o torneo de tenis de mesa de senior e sub-20 que se veu celebrando durante 2 semanas na Casa da Cultura do Vicedo. Houbo un total de 20 participantes e os vencedores foron Guillem en categoría senior (venceu a Héctor por 4-1) e Ignasi en categoría sub-20, que derrotou a Alejandro por 4-2)
jueves, 16 de agosto de 2012
Fotografías do concerto de Guillermo Tuzzio Infante
Guillermo Tuzzio Infante, neto de Ventura Infante Fernández (natural da parroquia de S. Román, no Vicedo), actuou onte mércores ás 21h na Casa da Cultura do Vicedo. Ante un numeroso público o virtuoso cubano ofreceu un repertorio do seu 5º disco (recordando a Lecuona).
Un emocionado Guillermo ofreceu un fermoso concerto na terra do seu avó e recibiu unha sonora ovación por parte do público. Asistiron familiares de S.Román e foi agasallado polo Concello do Vicedo.
martes, 14 de agosto de 2012
Proxección de fotografías de especies de aves da zona
viernes, 10 de agosto de 2012
miércoles, 8 de agosto de 2012
domingo, 5 de agosto de 2012
Ruta de Sendeirismo e kayaks
O próximo mércores 8 de agosto celebrarase unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks (con posibilidade de que sexa só de sendeirismo) O inicio será ás 10h no porto do Barqueiro, desde onde nos trasladarán en furgonetas ata a canteira de Cañoles, e aí comezar a camiñar ata o porto de Bares (uns 6km).
A continuación os que o desexen regresarán camiñando ata o Barqueiro e outros embarcarán na ruta en kayaks ata o Barqueiro, costeando a fermosa costa entre Bares e o Barqueiro.
Inscricións na Casa da Cultura do Vicedo.
A continuación os que o desexen regresarán camiñando ata o Barqueiro e outros embarcarán na ruta en kayaks ata o Barqueiro, costeando a fermosa costa entre Bares e o Barqueiro.
Inscricións na Casa da Cultura do Vicedo.
![]() |
percorrido aproximado da xornada |
miércoles, 1 de agosto de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)