Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
lunes, 29 de abril de 2013
Fotografías do torneo de tute
Rematou o torneo de tute 2013 cunha gran participación e asistencia de público. Finalmente ganaron Yolanda e José por 2 partidas a 1 a Teo e Jesús. Antes foran as semifinais nas que Yolanda e José se impuxeron a Lali e Chulo e Teo e Jesús ganaron a José Ángel e Pepe.
viernes, 26 de abril de 2013
viernes, 19 de abril de 2013
Actividades para este fin de semana
Temos un fin de semana cargado de actividades. Comezaremos esta noite co karaoke para adultos.
Continuaremos o sábado pola tarde coa charla-coloquio do escritor do Barqueiro Hixinio Puentes co gallo da presentación do seu libro Winnipeg
E rematará o fin de semana a noite do sábado e mediodía do domingo coa segunda parte da ruta de pinchos. Lembrade que entre os que selen as tarxetas nos 3 locais deste fin de semana sortearase un xamón.

lunes, 15 de abril de 2013
Fotografías da Ruta de Pinchos (primeiro fin de semana)
Animada por un excelente tempo, numerosa xente se acercou ós diferentes locais hosteleiros para participar na xa tradicional ruta de pinchos do Concello do Vicedo. Durante os dous días puideron disfrutar de moi variados pinchos e nun ambiente moi animado. Na noite do sábado celebrouse o sorteo do primeiro xamón que finalmente lle tocou a Carlos Vale. Este vindeiro fin de semana celebrarase a segunda parte da ruta, que percorrerá 3 bares de San Román e Suegos.
lunes, 8 de abril de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)