Esta semana volve o teatro á Casa da Cultura. O sábado 13 de novembro ás 20h O Grupo Nova Escena Teatro, de Lugo, representará a obra "A Tortilla e a Peste".Varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto,  o  illamento,  a  distancia,  fan  que  cousas  cotiás,  como  unha  simple  tortilla,  adquiran  unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes  ligados  ao  mundo  a  través  do  finísimo fío da tecnoloxía. 
Entrada gratuita.