jueves, 4 de octubre de 2007

Programación cultural outubro

Xa está preparada a programación para este mes de outubro.

-Aerobic: Inicio do curso impartido por unha nova monitora. Haberá unha primeira reunión o luns 15 ás 20:30h para establecer os días e horas de realización. O prezo será de 15 euros ó mes.

-Cine: Misión Imposible 3. Venres 19 ás 21:30h na Casa da Cultura.

-5º Desfile de Samaín. Mércores 31 de outubro ás 19:30h. Un ano máis o exitoso desfile de Samaín celebrarase polas rúas do núcleo do Vicedo. Será con saída e regreso á casa do mar e ó final repartiranse castañas asadas para tódolos asistentes.
Durante a semana previa haberá un obradoiro de preparación de traxes e calabazas na Casa do mar onde invitamos a pais e nenos a colaborar na preparación do desfile.

Ó longo do mes iremos dando información máis completa sobre cada unha destas actividades neste mesmo blog.

miércoles, 3 de octubre de 2007

Inicio de aerobic

O luns 15 de outubro ás 20:30h terá lugar a reunión de inicio do xa tradicional curso de aerobic dirixido a tódalas idades. Nesa reunión estableceranse os horarios e os 2 días á semana de realización do mesmo.
Como novidade destacaríamos que este ano será unha nova monitora a que impartirá o curso. O prezo será de 15 euros ó mes e está previsto comezar xa durante esa mesma semana. Máis información e inscrición na Casa de Cultura.

jueves, 30 de agosto de 2007

Resume fotográfico das actividades de verán

Imos mostrar imaxes das actividades que se celebraron neste fresco verán no municipio de O Vicedo. Hai que destacar a alta participación na absoluta totalidade de actividades (exceptuando polo mal tempo o concurso de castelos de area). Gustaríanos recibir opinións sobre estas actividades ou suxerencias no apartado comentarios que aparece ó final destas fotografías.


miércoles, 22 de agosto de 2007

Fotos do Concurso de Castelos de area

Celebrouse hoxe martes 22 de agosto o concurso de castelos de area na praia de Area Grande. Os participantes foron todos de categoría infantil. Finalmente, os gañadores foron a parella de Acme-Paul, en segundo lugar David-Sabela e os terceiros Marco-Clara. ó final repartíronse agasallos para todos.

lunes, 20 de agosto de 2007

Nico e Senín vencedores do campeonato de volei praia de Xilloi

Este ano o campeonato contou coa participación de 12 parellas formadas por todo tipo de xente e idades. As semifinais foron Nico/Senín-José/Antonio (gañaron os primeiros por 21 a 16) e Fran/Carlos-Quelle/Óscar (gañaron os primeiros por 21 a 18).
A final foi gañada por Nico/Senín por un resultado de 21 a 8.
A pesar das malas condicións climatolóxicas, ó longo da tarde pasaron pola praia numerosos espectadores excepto na final que se disputou baixo unha auténtica manta de auga e vento.

lunes, 13 de agosto de 2007

Fotografías actuación Trío La Habana

Ante un numeroso público, o Trío Cubano La Habana actuou na terraza da Casa da Cultura. Este grupo deleitounos con temas moi coñecidos da música cubana e formou unha boa festa.

miércoles, 8 de agosto de 2007

Fotografías ruta sendeirismo/canoas por O Vicedo

Hoxe mércores celebrouse con numerosos participantes a ruta mixta de sendeirismo e canoas pola Costa de O Vicedo e Barqueiro. A seguinte ruta será o martes 14 (víspera de festivo) a partir das 19h e consistirá na baixada do Río Sor en canoas. As fotos son de ruta de hoxe (incluímos a foto de grupo dunha das pandillas asistentes á mesma)