miércoles, 6 de agosto de 2008

Concurso de castelos de area e fotos da ruta de sendeirismo-canoas

Mañá xoves 7 de agosto ás 16:30h na praia de xilloi celebrarase unha nova edición do concurso de castelos de area, onde haberá 3 categorías (infantil, xuvenil e adultos) e premios para cada unha delas. Os participantes terán unha hora exacta para facer as súas figuras e un xurado valorará os traballos.

Por outra banda, hoxe mércores un nutrido grupo de participantes puideron disfrutar da ruta mixta de sendeirismo e canoas. O tempo acompañou pese a unhas gotas a primeira hora da mañá pero despois disfrutaron da vista de varias praias do municipio en sendeirismo e do regreso en canoas por esas mesmas praias. O día20 haberá unha nova ruta.

lunes, 4 de agosto de 2008

ruta de sendeirismo e kayaks o mércores 6 de agosto

O próximo mércores a partir das 10:30h celebrarase unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks que percorrerá diferentes lugares da Ría do Vicedo.
En primeiro lugar terá lugar a ruta de sendeirismo entre a praia de Xilloi e o Porto do Barqueiro, pasando polas praias de Caolín, Vidreiro, Fomento e Arealonga ata chegar ó Porto do Barqueiro. A Continuación os que o desexen, e cun prezo de 15 euros por persoa, poderán embarcar nos kayaks de moi fácil manexo, e farán a ruta entre o porto do Barqueiro e Xilloi polo mar (sempre que as condicións do mar o permitan, senón farase unha ruta alternativa rematando no porto do Vicedo)
O prazo para anotarse remata o martes ás 21h. A actividade está destinada a tódolos públicos e os kayaks son aptos para tódalas idades, desde nenos ata anciáns.

viernes, 1 de agosto de 2008

Programación agosto 2008

-6 agosto: Sendeirismo/kayaks: Ruta de sendeirismo entre a praia de Xilloi e o Porto do Barqueiro e regreso en kayak (15 € por persoa para os que regresen en kayak)
-7 agosto: Concurso de castelos de area. Praia de Xilloi. 16:30h (gratuito)
-8 agosto: Música: Escola de Samba Zumbom (Brasil) Batukada e Capoeira. 22h. Casco Urbán O Vicedo
-13 agosto: Proxección en pantalla de cine de fotografías antigas do Vicedo (paisaxes, festas, oficios...) con comentarios dos veciños. Salón de actos da Casa da Cultura. 21:30h.
-15, 16 e 17 agosto: Master de volei praia Asturias-Galicia puntuable para campeonato de España. Praia de Area Grande (S. Román) (haberá tamén a posibilidade de xogar equipos locais)
-19 , 20 agosto: 2º Ciclo Woody Allen: 19 agosto: Acordes y Desacuerdos (1999); 20 agosto: Celebrity (1998)
-20 agosto: Baixada do Río Sor en kayak a partir das 11h (15€ por persoa)

Fotos exhibición danza moderna e bailes de salón

Cun gran éxito de participación e público celebrouse o día 31 de xullo a exhibición dos obradoiros de danza moderna e bailes de salón que se celebraron desde mediados de xullo en horario de mañá e tarde. Está previsto repetir estes obradoiros o vindeiro ano.


martes, 29 de julio de 2008

Exhibición bailes de salón e hip hop

O próximo xoves a partir das 20:30h na Casa da Cultura de O Vicedo e con entrada gratuita celebrarase unha exhibición de bailes de salón e hip hop onde haberá os seguintes participantes:
-Alumnos do Curso de Hip hop (xuvenil)
-Alumnos do Curso de Bailes de salón (adultos)
-Ballet Ballanchine (Asturias)
-JP (Parella cubana profesional de bailes de salón)

jueves, 24 de julio de 2008

fotos subida do Río Sor en kaiak

Unhas 30 persoas participaron na subida ó Río Sor en kaiak que se celebrou o mércores 23 de xullo a partir das 19h. Nunhas condicións climatolóxicas excelentes, os participantes puideron disfrutar dun atardecer desde dentro do Rio Sor

lunes, 21 de julio de 2008

fotos actuación fredy Fevereiro e Festa Turismo Rural

Este fin de semana pasado foi intenso en actividades socioculturais. O venres foi a actuación de Fredy Fevereiro e o domingo a Festa do Turismo Rural, que volveu a congregar a moitísimo público tanto na propia festa como nas carreiras. Esta semana continúan as actividades co curso de hip hop para nenos e xóvenes, o baile de salón e unha ruta en kaiaks o próximo mércores ás 19h.