viernes, 7 de noviembre de 2008

hoxe charla coloquio con pais e nais de adolescentes sobre educación afectivo sexual

Hoxe venres 7 de novembro das 16h ás 17h30 terá lugar na biblioteca da Casa da Cultura unha charla-coloquio con pais e nais de adolescentes para abordar o tema da educación afectivo sexual. Será moderada por unha especialista do centro Quérote de Burela (dependente da Xunta de Galicia) e tratará de asesorar ós proxenitores sobre estes temas tan importantes para o desenvolvemento dos adolescentes.

Máis información en: www.querote.org

martes, 4 de noviembre de 2008

Programación cultural Novembro

A programación prevista para este mes de novembro é a seguinte:
-Comezo dos obradoiros de xogos:
Nen@s de 2 a 5 anos: luns a partir das 17h15 no Vicedo
Nenos de 6 a 8 anos: Venres de 17h15 a 18h15 no Vicedo
Nen@s de 9 a 11 anos: Venres de 18h15 a 19h15 no Vicedo
Nen@s de 6 a 11 anos do Folgueiro, S. Román, etc: Mércores de17h30 a 19h no Folgueiro
-Coloquio educación afectivo sexual: Dirixido a pais e nais de adolescentes moderados por técnicos do Centro Quérote de Burela (dependente da Xunta de Galicia): Venres 7 novembro, 16h. Casa da Cultura.
-XII Festa de Confaternidade Avós - netos: Sábado 22 novembro - 13h - Polideportivo O Vicedo
-Torneo tenis O Vicedo: 29 e 30 de novembro e 6 e 7 de decembro. Inscrición: 5 euros (aberta a inscrición ata o 27 de novembro no 655 17 01 16 ou en omix@concellodovicedo.org

lunes, 3 de noviembre de 2008

Samaín pasado por auga

A pesar do diluvio que caeu o venres, un grupo numeroso de nenos e maiores vestíronse e posaron coas calabazas elaboradas durante toda a semana. Fíxose un desfile en coches e despois un magosto no que participaron con moito ánimo para a horrible tarde que había. Graciñas a todos por participar.

miércoles, 29 de octubre de 2008

Continúa a preparación do Samaín (31-10-2008)

Cunha grande participación e colaboración, continúa durante toda esta semana a preparación do desfile de Samaín prevista para o venres ás 19h30. Durante as tardes vanse achegando pais e nais de nenos de primaria, ESO así como os propios nenos e nenas que participan na preparación de calabazas, artiluxios ruidosos, debuxos e a aprendizaxe das cancións que se cantarán no desfile.
Ademais, a tarde do martes achegáronse ó Vicedo uns redactores de TVE para elaborar unha reportaxe sobre o Samaín do Vicedo que se emitirá no Telexornal de TVE-Galicia o venres ás 14h e nos Telediarios das 15h e das 21h para toda España.
Lembramos que o desfile partirá ás 19h30 da Casa do Mar, percorrerá algunhas rúas do Vicedo e rematará na Casa do Mar cun gran magosto popular. Animamos desde aquí a que os veciños e os establecementos colaboren poñendo calabazas nas súas casas ó paso do desfile.

jueves, 23 de octubre de 2008

Inicio Obradoiros Samaín

O próximo luns 27 de outubro desde as 17h comezarán na Casa do Mar do Vicedo e na Escola Unitaria do Folgueiro os obradoiros de preparación do desfile de Samaín que se celebrará o venres 31 ás 19:30h polas rúas do Vicedo.
A estes obradoiros están invitados a ir tanto pais e nais de nenos de primaria, PAI e secundaria como os propios rapaces e maiores de idade que vaian participar no desfile. Non importa o tempo nin os días que se poida asistir, simplemente se trata de ir preparando as calabazas e diferentes artiluxios para desfilar.
Esta festa, que gana en prestixio e participación cada ano, é a máis importante dedicada ó Samaín na Mariña de Lugo.

Para máis información sobre o Samaín pincha no seguinte enlac
http://members.fortunecity.es/ventero/misterio.html#El%20Samain

martes, 21 de octubre de 2008

Inicio curso de bailes de salón

Hoxe martes 21 de outubro comezan as clases de bailes de salón. Será todos os martes de 21h30 a 22h30 na Casa da Cultura e serán impartidas polo mesmo monitor dos obradoiros de bailes de salón do verán.
O prezo será de 6 euros por persoa ó mes e non é preciso apuntarse en parella. Poden inscribirse no teléfono 982 59 01 95 ou no inicio do curso ás 21h30

lunes, 20 de octubre de 2008

Ruta de Sendeirismo pasada por auga

O pasado sábado 18 de setembro celebrouse a ruta de sendeirismo prevista polas marxes do Río Sor. Unhas 12 persoas percorreron os 9 km da ruta baixo unha intensa choiva que marcou a xornada.