Este pasado fin de semana celebrouse a primeira parte da ruta de pinchos polo Concello de O Vicedo. Tanto o sábado como o domingo houbo unha boa afluencia de participantes polos distintos bares de Abrela, Folgueiro, S. Román e Cabanas. Para este próximo fin de semana está prevista a segunda parte no núcleo do Vicedo ademais coa novidade dunha actuación musical na rúa Cidade de Mondoñedo.
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
lunes, 11 de mayo de 2009
martes, 5 de mayo de 2009
programación maio 2009
Este mes de maio estará marcado pola ruta de pinchos (ver cartel) e polos obradoiros de medio ambiente que consistirán nas seguintes actividades:
-obradoiro de informática: Creación de guía sobre a flora das praias do Vicedo. Venres 15 e 22 de maio ás 17h no Telecentro de O Vicedo
-Recollida de lixo nas praias e uso axeitado dos contenedores. Mércores 27 de maio na Abrela (17:30h) e Venres 29 de maio no Vidreiro (17:15h)
-obradoiro de informática: Creación de guía sobre a flora das praias do Vicedo. Venres 15 e 22 de maio ás 17h no Telecentro de O Vicedo
-Recollida de lixo nas praias e uso axeitado dos contenedores. Mércores 27 de maio na Abrela (17:30h) e Venres 29 de maio no Vidreiro (17:15h)
lunes, 27 de abril de 2009
fotos segunda tarde noite videoconsolas e xogos
martes, 21 de abril de 2009
Xornada de videoconsolas, scalextric, subbuteo
O vindeiro venres 24 de abril celebrarase unha nova edición das tardes-noites de xogos, neste caso con videoconsolas (Xbox, PlayStation e Wii) e cos xogos Scalextric e Subbuteo. Comezaremos de 17h a 20h con estes xogos dirixidos a menores de 14 anos e continuaremos ás 21:30h para xóvenes maiores de 14 anos.
Mostramos aqui un pequeno video de como se xoga ó subbuteo, a principal novidade desta edición.
Mostramos aqui un pequeno video de como se xoga ó subbuteo, a principal novidade desta edición.
lunes, 20 de abril de 2009
martes, 14 de abril de 2009
Inicio exposición fotográfica "Con pés no mar"
Entre o 14 e o 27 de abril está instalada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura a Exposición da Xunta de Galicia "Con pés no mar". É a primeira dun total de 3 exposicións con esta temática que se instalarán na Casa da Cultura ó longo do ano. Na exposición poden verse fotografías de toda a costa galega, nesta ocasión relacionadas co marisqueo, a chegada a porto, redeiras...
viernes, 3 de abril de 2009
Acondicionamento da Ruta de sendeirismo Morgallón-Río Sor-Morgallón
Tras o temporal de xaneiro e o duro inverno, ven de rematarse a limpeza do sendeiro e repintado das marcas de sendeirismo da ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo MORGALLÓN - RÍO SOR - MORGALLÓN (PR-G 8), polo que xa pode utilizarse nestas vindeiras vacacións de semana santa.
Máis información sobre a ruta pinchando aquí
Máis información sobre a ruta pinchando aquí
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




