lunes, 15 de febrero de 2010

Convocado o programa da Xunta: ROTEIROS PARA A XUVENTUDE

O programa ROTEIROS PARA A XUVENTUDE consiste nun programa ambiental de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios da cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. Para Xovenes entre 18 e 30 anos. Hai poucas prazas para a cantidade de solicitudes que hai.

Máis información:

http://www.xuventude.net/web/xuventude/inicio?p_p_id=92_INSTANCE_x0w0&p_p_action=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-4&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=6&_92_INSTANCE_x0w0_struts_action=%2Fjournal_collection%2Fview&_92_INSTANCE_x0w0_articleId=ARTIGO_7532&_92_INSTANCE_x0w0_version=1.0&#p_92_INSTANCE_x0w0

Xornada de videoconsolas na Casa da Cultura

O pasado venres a Casa da Cultura acolleu unha nova xornada de xogos de videoconsolas e outros xogos como o subbuteo. Houbo unha alta participación tanto na tarde como na noite polo que esperamos repetir a experiencia.

Antroido no Punto de Atención á Infancia

Celebrouse o pasado venres o antroido no Punto de Atención á Infancia situado no Multiusos da Casa da Cultura. Os nenos pasaron unhas horas disfrazados e disfrutando desta festa con tanto seguimento na nosa comarca.

miércoles, 10 de febrero de 2010

Tarde-noite de consolas e xogos

O próximo venres celebrarase a Tarde-noite de videoconsolas e xogos. Alí os nenos de primaria e ESO de17h a 20h e os maiores de 16 anos (a partir das 21h) poderán xogar coas principais videoconsolas do mercado (XBOX, PS3, PS2, Wii) e o Scalextric e Subbuteo.

martes, 9 de febrero de 2010

Últimos retoques para a instalación do novo parque infantil

Está rematando a instalación do novo parque infantil do Vicedo. Trátase dun parque que se dividirá en dúas zonas según a idade dos nenos e que servirá tamén para o uso por parte dos nenos do Punto de Atención á Infancia do Multiusos.

lunes, 8 de febrero de 2010

Xogos e videoconsolas na Casa da Cultura

O próximo venres 12 de febreiro terá lugar unha nova xornada de videoxogos na Casa da Cultura. Concretamente haberá a disposición dos asistentes as XBOX, PLAYSTATION 2, Wii, e os xogos SUBBUTEO e SCALEXTRIC.
En canto ós horarios, serán de 17h a 20h para nen@s de Primaria e ESO e a partir das 21h para maiores de 16 anos.