martes, 10 de agosto de 2010

mércores de natureza: Visita a Foz

Dentro dos mércores de natureza (con actividades de ocio activo) que se veñen celebrando durante xullo e agosto, este mércores vai consistir nunha viaxe en tren desde O Vicedo ata Foz, visita alí pola ruta das praias de Foz e Castro de Fazouro e regreso en tren a Vicedo. O prezo será de 5€/persoa e hai que anotarse antes do martes ás 21h00 na Casa da Cultura do Vicedo ou no 982 59 01 95.

lunes, 9 de agosto de 2010

Novas incorporacions de DVD´s

Acaban de incorporarse estas coleccions de DVD que se poden levar en prestamo a domicilio igual que os libros. Só hai que ser socio da Biblioteca Municipal (carné gratuito):
Grandes hazañas bélicas
Grandes enigmas de la Humanidad

la segunda guerra mundial en color
Grandes misterios de la historia
Egipto: Últimos descubrimientos en el Valle de los Reyes


Fotos actuación Omar percussion group e gala bailes de salón

Cun gran éxito de público celebráronse este fin de semana estas dúas actividades programadas pola Casa da Cultura. Esta semana continúan as actividades coa visita a Foz en tren e a actuación dos magos Dani e Marttyn.

martes, 3 de agosto de 2010

Ruta sendeirismo-kayak Barqueiro- Bares, Bares-Barqueiro

Mañá mércores celebrarase a ruta de sendeirismo e kayaks entre Barqueiro e Bares (sendeirismo) e a volta entre Bares e o Barqueiro (kayaks). O Prezo é de 15 € por persoa e hai que anotarse na Casa da Cultura (982 59 01 95). Tamén hai a posibilidade de facer só sendeirismo e nese caso será gratuito.