Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
viernes, 13 de abril de 2012
miércoles, 4 de abril de 2012
viernes, 30 de marzo de 2012
Actividades Abril 2012
-Martes 17 abril ás 17h30: Animación á lectura: María Lires: MODELANDO CONTOS, actividade para nenos e nenas de Primaria impartida por María Lires dentro das actividades de animación á lectura no mes dos libros.
-Mércores 25 de abril ás 17h30: Animación á lectura: Títeres Cascanueces presenta A RÚA DAS PANTASMAS. Actividade para nenos e nenas de Primaria
-Sábado 20 e domingo 21 abril: Campeonato de Tute para adultos. Trofeos e premios en metálico para as dúas primeiras parellas clasificadas.
-Mércores 25 de abril ás 17h30: Animación á lectura: Títeres Cascanueces presenta A RÚA DAS PANTASMAS. Actividade para nenos e nenas de Primaria
-Sábado 20 e domingo 21 abril: Campeonato de Tute para adultos. Trofeos e premios en metálico para as dúas primeiras parellas clasificadas.
![]() |
| fotografía do campeonato de tute do ano 2011 |
lunes, 12 de marzo de 2012
Algúns dos novos libros adquiridos para a biblioteca
Nesta presentación podedes ver algúns dos novos libros adquiridos para a Biblioteca do Vicedo. Xa están a disposición dos usuarios, lembrade que podedes levalos prestados a domicilio gratuitamente por 15 días renovables as veces que queirades. Tamén se incorporaron libros que habitualmente están mandando como libros de lectura nos institutos e ESO
viernes, 17 de febrero de 2012
Viaxe á Estación de esquí Pajares
Un ano máis o Concello de O Vicedo, xunto co Espazo Xove de Viveiro, organiza un viaxe á Estación de esquí de Pajares (Asturias). Sairase de Viveiro o venres 9 de marzo ás 18h e regresarase o domingo 11 de marzo despois de comer.
A viaxe inclúe transporte desde Viveiro a Pajares, aloxamento nun albergue a pe de pistas con todas as comidas incluídas (cea do venres, desayuno, comida e cea do sábado, desayuno e comida do domingo), forfait de acceso ás pistas do sábado e domingo e aluguer de equipo de esquí ou snow.
Os prezos son os seguintes:
-para xóvenes entre 18 e 35 anos do municipio do Vicedo: 116 € (esquí) / 122€ (snow)
-para xóvenes entre 18 e 35 anos doutros municipios: 141€ (esquí) / 147 € (snow)
Inscricions antes do 7 de marzo na Casa da Cultura do Vicedo: 982 59 01 95 ou concello@concellodovicedo.org
Nota:
-En caso de que teñades equipos de esqui propios o prezo reducese quedando en 84€
-Se non sabedes esquiar podese contratar ali mesmo unhas clases que entre varios saen a prezos bastante asequibles.
páxina oficial da estación: www.valgrande-pajares.com
páxina do albergue:http://www.toribiondellanos.com/
páxina do albergue:http://www.toribiondellanos.com/
martes, 7 de febrero de 2012
lunes, 6 de febrero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




