lunes, 23 de abril de 2012

Campeonato de tute 2012

Pepe e José Ángel gañaron a 15ª edición do Campeonato de tute Concello de O Vicedo. Enfrentáronse na final a Carmen e Paz e venceron por 2-0. Agradecer a participación e o bo ambiente entre os xogadores e animalos á próxima edición.

lunes, 16 de abril de 2012

Obradoiro de animación á lectura

Mañá martes 17 de abril ás 17h30 na Casa da Cutura do Vicedo celebrarase un obradoiro de animación á lectura organizado pola Casa da Cultura do Vicedo, trátase dun obradoiro que impartirá MARÍA LIRES e que se titula MODELANDO CONTOS. O obradoiro é gratuito e está destinado a nenos e nenas entre 5 e 10 anos. 
 Trátase dun Obradoiro de 3 horas, no que, partindo da lectura dun conto, se realizan actividades de ilustración en volumen con plastilina, con participación dos nenos.

viernes, 30 de marzo de 2012

Actividades Abril 2012

-Martes 17 abril ás 17h30: Animación á lectura: María Lires: MODELANDO CONTOS, actividade para nenos e nenas de Primaria impartida por María Lires dentro das actividades de animación á lectura no mes dos libros.
-Mércores 25 de abril ás 17h30: Animación á lectura: Títeres Cascanueces presenta A RÚA DAS PANTASMAS. Actividade para nenos e nenas de Primaria
-Sábado 20 e domingo 21 abril: Campeonato de Tute para adultos. Trofeos e premios en metálico para as dúas primeiras parellas clasificadas.
fotografía do campeonato de tute do ano 2011

lunes, 12 de marzo de 2012

Algúns dos novos libros adquiridos para a biblioteca

Nesta presentación podedes ver algúns dos novos libros adquiridos para a Biblioteca do Vicedo. Xa están a disposición dos usuarios, lembrade que podedes levalos prestados a domicilio gratuitamente por 15 días renovables as veces que queirades. Tamén se incorporaron libros que habitualmente están mandando como libros de lectura nos institutos e ESO