domingo, 5 de agosto de 2012

Ruta de Sendeirismo e kayaks

O próximo mércores 8 de agosto celebrarase unha ruta mixta de sendeirismo e kayaks (con posibilidade de que sexa só de sendeirismo) O inicio será ás 10h no porto do Barqueiro, desde onde nos trasladarán en furgonetas ata a canteira de Cañoles,  e aí comezar a camiñar ata o porto de Bares (uns 6km).
A continuación os que o desexen regresarán camiñando ata o Barqueiro e outros embarcarán na ruta en kayaks ata o Barqueiro, costeando a fermosa costa entre Bares e o Barqueiro.
Inscricións na Casa da Cultura do Vicedo.
percorrido aproximado da xornada

martes, 31 de julio de 2012

Ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo

Aquí se pode ver o track da ruta de sendeirismo que se vai percorrer mañá mércores. Hai que lembrar que o punto de encontro é o apeadeiro FEVE do Vicedo (o tren pasa ás 9h44) e desde alí irase ata a estación de "Mosende" para baixar desde alí ata a praia de Area Grande e comezar a ruta.

lunes, 23 de julio de 2012

subida do Río Sor en Kayaks

A 3ª actividade de ocio activo de natureza deste mes será unha ruta de kayaks que mañá martes ás 19h partirá do porto do Vicedo para cruzar a ría e subir un tramo do Río Sor, aproveitando a marea, e alcanzar o punto de Ribeiras do Sor. Despois os participantes regresarán ó punto de partida en furgonetas da organización. Anotacións na Casa da Cultura ata mañá antes das 15h
Fotografía da edición da semana pasada