A OMIX
de O Vicedo (Oficina Municipal de Información Xuvenil) organiza este venres 22
de febreiro un karaoke con máis de 200 cancións a elexir de todos os estilos.
Haberá dúas sesións, unha infantil a partir das 17h30 e outra para maiores de 16
anos e adultos a partir das 22h.
Esta actividade organízase no marco
das actividades que se veñen desenvolvendo desde a OMIX todos os venres do
inverno e que están dirixidas á dinamización sociocultural dos xóvenes do
municipio. Exemplo doutras actividades desenvolvidas son as proxeccións de cine,
noites de xogos de mesa, noites de videoconsolas, etc. A previsión para as
próximas datas é de organizar máis noites de xogos de mesa, campionatos de tenis
de mesa, proxección de curtametraxes, etc.
 |
Fotografía doutra edición de karaoke |