Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
Acabamos de incorporar máis libros á colección da biblioteca, uns por ser solicitados polos propios lectores, outros de novidades ou infantís. Animámosvos a vir pola biblioteca e levalos prestados a domicilio por un período de 15 días renovables (non é preciso ser do municipio). Hai obras como Inferno de Dan Brown, Cincuenta sombras de Grey, El cruzado de la Reina, Gerónimo Stilton, etc
Mañá venres 7 de xuño ás 20h30 presentarase na
casa da Cultura do Vicedo o libro de Enrique Mora Morandeira EL CRUZADO DE LA
REINA. Asistirá o escritor afincado no limítrofe Concello de Mañón. Neste video podedes ver unha pequena aproximación á obra.