jueves, 7 de agosto de 2014

Inauguración da exposición de Jesús Fernández Cobelo e Guillermo Carballo

Fotografías da inauguración da exposición en honor a Jesús Fernández Cobelo e a Guillermo Carballo. No acto de inauguración participaron amigos e familiares de Jesús e Guillermo, ademais de autoridades. Destaca a participación de amigos hosteleiros de Barcelona así como Manuel Cabezas, ex-alcalde de Ourense e da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro cando Jesús vendía os seus productos en Barcelona, tamén asistiu José Luis Blanco Campaña, xornalista e un dos impulsores da CRTVG. A exposición está aberta ata fin de mes na primeira planta da Casa da Cultura






Fotos da ruta de sendeirismo e kayaks pola praia de Abrela e a Punta Socastro

martes, 29 de julio de 2014

Mércores de natureza: sendeirismo/kayaks entre Xilloi e O Barqueiro

Este mércores a partir das 10h teremos unha nova actividade dos mércores de natureza. Trátase dunha ruta mixta de sendeirismo e kayaks que comezará na praia de Xilloi facendo parte da ruta homologada pola Federación de Montañismo Costa de O Vicedo (PR-G156) e continuando despois polo sendeiro da costa ata o porto do Barqueiro. Despois, os que queiran embarcarán en kayas para facer unir os mesmos puntos por mar, é dicir, entre o porto do Barqueiro e a praia de Xilloi. Hai a posibilidade tamén de facer ida e volta en sendeirismo. En caso de participar na parte dos kayaks o custe será de 15€ por persoa.
Inscrición no 982 59 01 95.