Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
lunes, 11 de mayo de 2015
Fotos da Ruta de Pinchos 2015
Cunha aceptable participación de clientes celebrouse unha nova edición da Ruta dos pinchos Concello de O Vicedo. Hai que destacar o esforzo dos establecementos participantes na ruta en innovar e ofrecer as súas mellores ideas para a ocasión. Graciñas a todos por participar.Se pinchades no icono de diálogo podedes ver a que local pertence cada pincho.
martes, 5 de mayo de 2015
Actividade de animación á lectura na Biblioteca do Vicedo.
Mañá mércores ás 17h30 na Casa da Cultura do Vicedo terá
lugar unha nova actividade de animación á lectura. Trátase de "Cantacontos", un
espectáculo de Raquel Galavís onde música e historias se entrelazarán para
configurar esta actividade de animación á lectura que forma parte do programa
LER CONTA MOITO, cofinanciado polo Concello de O Vicedo e a Consellería de
Cultura. A actividade está destinada e nenos e nenas de Educación Infantil e
Primaria e é gratuita. A actividade está aberta a nenos e nenas de toda a
comarca.
lunes, 27 de abril de 2015
jueves, 23 de abril de 2015
Uns 25 nenos de Educación Primaria participaron na
actividade "Crea Fósiles de dinosauros" impartida por Mau Marela dentro do
programa de animación á lectura da Xunta de Galicia e o Concello de O Vicedo LER
CONTA MOITO. Durante o obradoiro os nenos puideron ver un audiovisual sobre os
dinosauros e despois crearon os seus propios fósiles de dinosauros. Un gran
nivel de participación e motivación deron como resultado unha actividade moi
satisfactoria para todos.
viernes, 17 de abril de 2015
karaoke de primavera
Chega a primavera e achégase a música á Casa da Cultura. Esta noite, a partir das 22h podedes achegarvos a cantar as vosas cancións favoritas. hai máis de 300 cancións a elixir desde o máis clásico ata o máis moderno. Animádevos a soltar a voz e pasaremos un rato de diversión.
jueves, 16 de abril de 2015
Aventuras na Cociña estivo no Vicedo
Onte tivo lugar a actividade de animación á lectura "Aventuras na cociña", que esta vez se celebrou na propia Biblioteca Pública do Vicedo e que tivo moi boa participación de nenos e maiores. Ademais da promoción da lectura, os nenos e maiores aprenderon hábitos de alimentación saudables, propostas moi creativas e artísticas de presentación de pratos e mesmo nos contos tamén o respecto polos maiores a través dun dos contos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

