martes, 3 de abril de 2018

Celebración do Día internacional do Libro infantil

O martes 2 de abril foi o día internacional do libro infantil e para celebralo organizamos esta semana, concretamente o xoves 5 de abril ás 16:15h na Biblioteca da Casa da Cultura unha actividade de celebración, similar á que fixemos o ano pasado na Biblioteca.

Comezaremos coa lectura de contos infantís que temos na propia biblioteca, tanto de Hans Christian Andersen como outros moitos que temos. Tamén escoitaremos audiocontos e mesmo algunhas cancións. Finalmente remataremos cun pequeno agasallo para os participantes.  A actividade está destinada a nenos de infantil e  Educación Primaria.

Animádevos a participar cos vosos nenos e nenas na actividade!


lunes, 26 de marzo de 2018

Ruta de sendeirismo por Fuciño do Porco

Esta semana santa faremos unha actividade que nos lembra aos mércores de natureza do verán. Trátase dunha ruta guiada en tren ata Folgueiro para achegarse camiñando ata o Fuciño do Porco e continuar despois ata San Román. Comeremos alí mesmo e voltaremos en tren de novo ata O Vicedo. Para os que non queiran/poidan ir en tren ou estar toda a ruta, hai a posibilidade de quedar na explanada do Bar Alba (Folgueiro) e comezar alí a ruta e despois rematar en San Román e regresar ata o Bar Alba. Anotacións no teléfono 982 59 01 95. Importante: Levar bocadillo e bebida para comer en San Román e calzado e roupa axeitada para camiñar. A ruta é duns 12 km e é turística, é dicir, camiñarase a un ritmo moi normal, apto para a maioría da poboación e faranse paradas explicativas nos principais puntos de interese.


martes, 6 de marzo de 2018

Nova noite de Xogos de mesa


Repetimos a noite de xogos de mesa!! Será o próximo venres a partir das 21h. Dirixido a maiores de 12 anos (incluíndo tamén aos adultos). Temos moitos máis xogos que os que aparecen nao cartel. Animádesvos?

lunes, 15 de enero de 2018

Tarde-noite de xogos de mesa

Presentamos unha actividade sociocultural moi apta para estes días tan invernais no noso Concello. Trátase dunha tarde-noite de xogos de mesa onde os que se acheguen poderán disfrutar de xogos tan coñecido como Pasapalabra, Monopoly, Scattergories, Pictionary, Scrabble, Party & Co, Tabú, por suposto tamén xadrez, parchís, oca, 4 en liña, Fantasma Blitz, Torre de equilibrio, etc.
De 17h a 20h para nen@s de 4º, 5º e 6º de Primaria e de 21:30h a 00:00h para xóvenes e adultos.

miércoles, 3 de enero de 2018

Festival de nadal do 30 de decembro de 2017

Celebrouse o festival de nadal cun novo éxito de público e participación. Trátase dunha actividade moi gratificante de organizar onde  hai que agradecer, un ano máis, a axuda prestada pola APA do Vicedo así como de Jorge Baltar e Andrea Miradouro porque sen eles sería imposible organizar un evento así en só 4 días. Por suposto agradecementos aos nenos e nenas que ensaiaron e traballaron moito durante 4 días para sacar adiante o festival.



























jueves, 28 de diciembre de 2017

A Clown e malabarista Lila Star actúa no Vicedo o mércores 3 de xaneiro

Ademais das actividades previstas para o nadal como o festival de nadal previsto para o sábado e a viaxe a Xuvenlugo, a clown e malabarista Lila Star actuará o mércores 3 de xaneiro ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo. A actuación forma parte das actividades da Deputación de Lugo por toda a provincia. Entrada gratuita.

lunes, 4 de diciembre de 2017

Programación cultural 2017

Programación sociocultural prevista para o mes de decembro de 2017 e comezos de xaneiro de 2018.