jueves, 8 de noviembre de 2018

Esta semana...teatro

Esta semana...teatro: O sábado día 10 ás 20h o Grupo Torta de Millo de Guitiriz presenta "Innoveitin...ou algo" 


lunes, 22 de octubre de 2018

Esta semana...teatro

Esta semana...teremos un fin de semana de moito teatro. O sábado ás 20h o grupo A Adala presenta a obra "Elixir de xuventude" e o domingo ás 19:30h o grupo de teatro Obra Viva, do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, presenta Piratas de Calibre, escrita e dirixida por Vicente Míguez.


miércoles, 22 de agosto de 2018

Ruta de sendeirismo polo Río Sor

Fotos da Ruta de sendeirismo dos mércores de natureza do 22 de agosto. Uns 11 km de sendeiro polo Río Sor con apenas 500 m de asfalto cunhas condicións moi agradables para camiñar. Un pracer para os sentidos todo o entorno do Río Sor.











viernes, 17 de agosto de 2018

Fotografías ganadoras do Concurso de Fotografía "Turismo O Vicedo"

Estas son as 2 fotografías ganadoras do concurso de fotografía "Turismo O Vicedo". O gañador foi Paco Leal coa fotografía da Arealonga e a segunda clasificada foi Berta Uzquiza cunha fotografía na zona de Areagrande, en San Román.
Berta Uzquiza
Paco López


viernes, 3 de agosto de 2018

A campaña Ler conta moito trouxo a actuación de Xoán Curiel na Casa da Cultura

O xoves 2 de agosto tivemos unha actividade cultural moi amena. Xoán Curiel e Iris Gey interpretaron música en galego, castelán e portugués nunha tranquila noite de verán na terraza da Casa da Cultura. Foi unha actuación enmarcada no programa de animación á lectura Ler Conta Moito. Un pracer contar con eles aquí.