O venres 10 de maio ás 20:30h estará no Vicedo de novo á Banda Xuvenil de Música "O Landro", de Viveiro, ofrecéndonos un repertorio musical relacionado co mundo do circo. A entrada é gratuita e moi recomendable para todos os públicos.
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
jueves, 9 de mayo de 2019
lunes, 6 de mayo de 2019
Fotos ruta de pinchos O Vicedo
martes, 30 de abril de 2019
Presentación do Trail O Vicedo
Hoxe ás 11h presentouse na Casa da Cultura do Vicedo o Trail do
Vicedo, que contará con tres categorías: Trail curto de 15 km, Trail
longo de 25 km e andaina popular de 15 km. Na mesma participaron o
Alcalde Presidente do Vicedo, D. José Jesús Novo Martínez, persoal do
Concello e integrantes de Peña Lar de Viveiro, que colabora na
organización do evento.
Na presentación destacouse que a 20 días da celebración do evento
está aumentando moito o número de inscritos pero aínda quedan prazas
libres (por cuestión de seguridade e loxística vaise limitar a
participación a 125 persoas por categoría). Tamén se destacou como punto
forte do trail a beleza das paraxes onde van discurrir as distintas
probas, auténtico punto forte tanto do Concello de O Vicedo, como do
resto da Mariña de Lugo. Lembrouse que a proba pasará por sitios tan
emblemáticos a nivel turístico e paisaxístico como Fuciño do Porco e as
praias de Area Grande, Xilloi, Caolín e Vidreiro. Coa celebración
destas probas preténdese incrementar a oferta deportiva do Concello, que
se une a outras actuacións como a adecuación e mantemento das rutas de
sendeirismo homologadas e non homologadas actuais no Vicedo (PR-G 156
Costa de O Vicedo, Sendeiro azul Abrela-Punta Socastro, Camiño natural
Ruta do Cantábrico e a PR-G 8 Morgallón – Río Sor – Morgallón, que non
está neste trazado pero que tamén pertence a este Concello). Por tanto, a
habilitación destas rutas serve non só para acoller a sendeiristas
senón para acoller probas como estas, que agradecen moito que haxa rutas
xa establecidas que facilitan a creación de trazados deportivos.Por outra banda, esta proba pretende mostrar un dos puntos fortes
turísticos do concello, a costa de O Vicedo, que será percorrida de
leste a oeste pasando por lugares tan emblemáticos no ámbito do turismo
como Fuciño do Porco, Area Grande, mirador de Coelleira, Xilloi e
Caolín. Ademais, elixiuse unha data que coincide coa ponte do Día das
Letras Galegas, que se pretende que facilite a participación de
deportistas de toda Galicia, que non só veñan a competir, senón que
pasen tamén algún día máis visitando a zona.
martes, 23 de abril de 2019
miércoles, 3 de abril de 2019
Celebración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil nas Bibliotecas do Vicedo (Municipal e escolar)
Este
ano fixemos unha actividade conxunta entre a Biblioteca Pública
Municipal do Vicedo e a Biblioteca Escolar do CEIP do Vicedo. Pola
mañá, no colexio, fíxose unha lectura por grupos onde os nenos
maiores lían libros aos pequeniños e estes contaban a súa versión
do que podían observar en certos libros. Ao final fíxose unha foto
de grupo onde os nenos portaban unha mensaxe.
Pola
tarde, na biblioteca municipal, fíxose unha lectura conxunta entre
nenos e adultos cunha selección de varios libros infantís e xuvenís
que tocaban unha temática similar: A natureza.
jueves, 28 de marzo de 2019
Celebración do día do libro infantil nas Bibliotecas do Vicedo
O vindeiro martes 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil, para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen. Este ano a Biblioteca Pública Municipal do Vicedo e a Biblioteca Escolar do CEIP do Vicedo únense para celebrar este día organizando dúas actividades conxuntas.
En primeiro lugar, ás 14h, na Biblioteca do CEIP do Vicedo celebrarase este día coa lectura da mensaxe que se lerá en todo o mundo, escrita por Kestutis Kasparavicius (da sección da IBBY de Lituania), despois haberá unhas lecturas infantís por grupos onde os grandes lerán contos aos pequenos e os pequenos contarán o que pasa nos contos.
Pola tarde, ás 16:30h, xa na Biblioteca Pública Municipal do Vicedo, haberá lectura conxunta de libros infantís de diferentes niveis, adaptados a todas as idades, e nos que se convida tamén aos pais e nais do alumnado a participar e lerlles textos aos participantes.
Nas dúas actividades participará o persoal das dúas bibliotecas, que se unen para esta importante celebración internacional.
jueves, 28 de febrero de 2019
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















