viernes, 11 de octubre de 2019

Ultralimento, a cargo de Lucas Requejo, no Vicedo

Unha nova actividade de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal do Vicedo, neste caso a cargo de Lucas Requejo e os contos pola nosa saúde. Boa participación e diversión dos nenos e nenas que se achegaron á Casa da Cultura, oíron contos, compartiron historias e probaron unha bomba final de saúde en forma de superalimento.




martes, 8 de octubre de 2019

obradoiro de alimentación saudable

Nova actividade de animación á lectura. Nesta ocasión un obradoiro de alimentación saudable a cargo de Lucas Requejo, o creador de "Ultralimento". Será o xoves 10 ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo

lunes, 7 de octubre de 2019

Rematou o curso de ornitoloxía

Despois de 3 intensas xornadas, rematou o curso de turismo, educación e ocio aplicado á ornitoloxía. O curso, organizado polas OMIX de O Vicedo e Mañón, contou coa subvención da Xunta de Galicia e participaron máis de 30 persoas. Aínda que o curso en sí estaba destinado a xóvenes entre 18 e 30 anos, finalmente permitiuse a participación, como oíntes, de maiores de 30 anos. 
O curso era totalmente gratuito e incluía o préstamo de equipo de observación (telescopio e prismáticos) para os participantes entre 18 e 30 anos, así como diverso material gráfico, guías de aves etc. Durante os 3 días houbo charlas a cargo dos maiores expertos en ornitoloxía a nivel galego, visitas a distintos puntos de Vicedo e Mañón con interese ornitolóxico e, polas tardes, observación de aves desde Estaca de Bares.





lunes, 19 de agosto de 2019

Esta semana...Xeoruta polo Río Sor, Torneo de Tenis de mesa e concurso de Castelos de Area.


Esta semana ven cargada de actividades para todos os públicos. Comezamos coa xeoruta polo entorno do Río Sor, o mércores 21, a cargo do xeólogo Fran Canosa. Ao longo do val do río Sor hai agochados moitos tesouros xeolóxicos, pero en especial na contorna de Ponte Segade. Achegaremos a coñecer o lugar onde foi descuberto fai uns anos o tan codiciado “coltan” e o litio, pero tamén visitarase a falla dos Sarillos así como a fervenza de Augas Caídas. As prazas están completas pero podedes anotarvos na lista de espera no 982 59 01 95. 
Tamén o mércores 21 se vai celebrar unha nova edición do torneo de tenis de mesa, con grandes premios este ano, e para o que se poderán inscribir un máximo de 16 participantes (maiores de 14 anos). Anotacións no 982 59 01 95. 
Finalmente, o venres 23 ás 16:30h na praia de Abrela, outra actividade clásica do verán: O concurso de castelos de area, con 4 categorías (3 a 5 anos, 6 a 10 anos, 11 a 16 anos e adultos). Haberá 2 equipos premiados por cada categoría así que animámosvos a pasar unha tarde de venres moi divertida na praia de Abrela. 



lunes, 12 de agosto de 2019

Esta semana...Maxia, sendeirismo e Teatro

Esta semana...3 actividades: 
-Maxia con O Mago Teto mañá martes ás 21h na Casa da Cultura.
-Sendeirismo nocturno coa ruta entre a igrexa parroquial de O Vicedo e a zona de Moutillós en San Román o mércores 14. Punto de Encontro na igrexa de O Vicedo ás 22h. Anotacións no 982 59 01 95
-Teatro. Italytime representa "Orden y Matrimonio" e "La Cláusula" o domingo 18 ás 20h na Casa da Cultura do Vicedo (haberá tamén pequenas pezas musicais en directo)