lunes, 27 de abril de 2009

fotos segunda tarde noite videoconsolas e xogos

Celebrouse o pasado venres unha nova edición das tardes-noites de xogos. Foi un éxito de participación e seguro que se volverá a repetir unha vez pase o verán.

martes, 21 de abril de 2009

Xornada de videoconsolas, scalextric, subbuteo

O vindeiro venres 24 de abril celebrarase unha nova edición das tardes-noites de xogos, neste caso con videoconsolas (Xbox, PlayStation e Wii) e cos xogos Scalextric e Subbuteo. Comezaremos de 17h a 20h con estes xogos dirixidos a menores de 14 anos e continuaremos ás 21:30h para xóvenes maiores de 14 anos.
Mostramos aqui un pequeno video de como se xoga ó subbuteo, a principal novidade desta edición.

martes, 14 de abril de 2009

Inicio exposición fotográfica "Con pés no mar"

Entre o 14 e o 27 de abril está instalada na Sala de Exposicións da Casa da Cultura a Exposición da Xunta de Galicia "Con pés no mar". É a primeira dun total de 3 exposicións con esta temática que se instalarán na Casa da Cultura ó longo do ano. Na exposición poden verse fotografías de toda a costa galega, nesta ocasión relacionadas co marisqueo, a chegada a porto, redeiras...

viernes, 3 de abril de 2009

Acondicionamento da Ruta de sendeirismo Morgallón-Río Sor-Morgallón

Tras o temporal de xaneiro e o duro inverno, ven de rematarse a limpeza do sendeiro e repintado das marcas de sendeirismo da ruta de sendeirismo homologada pola Federación Galega de Montañismo MORGALLÓN - RÍO SOR - MORGALLÓN (PR-G 8), polo que xa pode utilizarse nestas vindeiras vacacións de semana santa.
Máis información sobre a ruta pinchando aquí

lunes, 30 de marzo de 2009

programación cultural abril

-Noites de xogos:
Venres 17 abril a partir das 21:30h. Xogos de mesa: Scrabble, Party & Co, Superpoly, Scattergories...
Venres 24 abril a partir das 21:30h: Videoconsolas: Wii, PlayStation, Xbox e xogos Scalextric, Subbuteo...
(Este venres 24 haberá unha edición infantil para nen@s de 8 a 14 anos de 17:15h a 20h)

-Exposición fotográfica: "Cos pés no mar".Do 14 ó 27 de abril.

“A exposición Cos pés no mar amosa un mar representado como vía de comunicación e de recursos máis que como un mundo descoñecido ou mesmo fronteira insorteable. Escenas plásticas de buques, descargas, subastas de peixe, redeiras...”

Máis información: www.memoriadomar.com

jueves, 26 de marzo de 2009

Proxección da película "Vicky, Cristina, Barcelona"

Mañá venres 26 de marzo ás 21:30h proxectarase na Casa da Cultura a película Vicky Cristina Barcelona dirixida por Woody Allen e protagonizada pola oscarizada Penélope Cruz, Javier Bardem e Scarlett Johansson.