martes, 3 de agosto de 2010

Ruta sendeirismo-kayak Barqueiro- Bares, Bares-Barqueiro

Mañá mércores celebrarase a ruta de sendeirismo e kayaks entre Barqueiro e Bares (sendeirismo) e a volta entre Bares e o Barqueiro (kayaks). O Prezo é de 15 € por persoa e hai que anotarse na Casa da Cultura (982 59 01 95). Tamén hai a posibilidade de facer só sendeirismo e nese caso será gratuito.

miércoles, 28 de julio de 2010

Actuación de Gisellia Moore en O Vicedo

O Xoves 29 ás 20:30h actuará na Casa da Cultura a rapaza Gisellia Moore. Mostramos unha actuación que xa realizou en Ortigueira.

viernes, 23 de julio de 2010

Actuación de CLAVE DE FADO

Hoxe venres actuará o grupo de fados CLAVE DE FADO na terraza da Casa da Cultura a partir das 22h00. Ofreceran musica de fados pero tamen cancions galegas e mesmo algunhas versions de Norah Jones, Ayo, etc.
Se queres escoitar unha cancion deles pincha aqui

miércoles, 21 de julio de 2010

Fotos da ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo

Este mércores realizouse a ruta de sendeirismo COSTA DE O VICEDO cunha moi boa participación de camiñantes. En agosto repetiranse máis rutas de sendeirismo deste estilo.