lunes, 28 de febrero de 2011

O programa “ROTEIROS PARA A XUVENTUDE”, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, é un programa de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios da cultura mariñeira, rutas de sendeirismo de dificultade media, actividades náuticas e de multiaventura e de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico.

O seu fin é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza en distintos contornos privilexiados de Galicia.

O programa desenvolverase en fins de semana dende o 18 de marzo ata o 19 de xuño, agás na Semana Santa. En total ofértanse 1621 prazas

Máis información pinchando aquí.

sábado, 26 de febrero de 2011

martes, 15 de febrero de 2011

Exposicion palabras para o recordo

Exposición fotográfica "PALABRAS PARA O RECORDO".
Aberta do 12 ao 27 de febreiro.
Lugar: igrexa parroquial de Santo Estevo, O Vicedo.
Contén un total de 16 fotografías con inscripcións funerarias en galego.

Podedes ver unhas fotografias da exposicion pinchando aqui

miércoles, 9 de febrero de 2011

Incorporando novos libros á biblioteca













Ó longo deste último mes veñense incorporando novos libros á colección da biblioteca en tódalas seccións. No post anterior destacabamos as incorporacións en DVD e enciclopedias. Pero tamén se están incorporando best sellers en castelán (con libros de películas de éxito, best sellers de John le Carré, etc).
Ademais tamén se incorporan libros a outras seccións como a infantil e xuvenil, destacando o reforzo de títulos para adolescentes (libros para máis de 12 anos) coa colección The Giver, Suso Espada, Sherlock Holmes y los irregulares de Baker Street,etc.
Non podían faltar as últimas novidades nos Bolechas e outros títulos infantís de éxito que, ademais, son moi prestados a domicilio para que os nenos e nenas os disfruten no seu domicilio.
Tamen hai libros infantis en castelan da Editorial Everest como os correspondentes a serie CARS e os Little Einsteins, entre outros...

miércoles, 26 de enero de 2011

Proxectos para o primeiro semestre e novidades

Está previsto que ó longo destes meses continúen os obradoiros de actividades para nen@s de Primaria, os luns para os primeiros cursos dos nenos de Vicedo, os martes no Folgueiro e os mércores para 5º e 6º de Primaria dos nenos de Vicedo.
Vaise celebrar tamén o tradicional torneo de tute, a ruta de pinchos, haberá dúas ou tres noites de xogos, tanto de videoconsolas como de xogos de mesa. Estase valorando organizar un torneo infantil de subbuteo (fútbol de mesa).
Dentro do programa Letras Vivas, habera 3 actividades de animacion a lectura no mes de abril e maio: Unha de titeres, outra de contacontos e un obradoiro de banda deseñada.
A mediados do mes de febreiro reabrirá o telecentro instalado no sótano da Casa da Cultura con 8 ordenadores con acceso libre e coa organización de cursos de iniciación, medio e avanzado de informática e outras aplicacións.
Máis en xeral hai que dicir que, tras uns pequenos cambios no trazado, xa se está tramitando a homologación definitiva pola Federación Galega de Montañismo da Ruta de Sendeirismo Costa do Vicedo e agárdase ter para o verán a inscrición definitiva.
Ademais desto, nestes días estamos incorporando novos libros á colección da biblioteca, moi reforzada con incorporacións en literatura infantil, literatura en castelán (con moitas donacións de xente que pasa o verán no Vicedo) e tamén varias enciclopedias de interese como MAGIC ENGLISH (cos DVD correspondentes que tamén se prestan), a enciclopedia Océano de estudio con xeneradores de exames, cursos de inglés, titorías, etc, tamén a Historia do S. XX, a Historia da Literatura Universal e a Nova Historia de España.

Por outra banda, refórzase a colección de DVD xa existente con coleccións moi interesantes como Egipto: Últimos descubrimientos (do canal Discovery Channel), Arqueología: Buscando la Verdad ("Pompeya", "En busca del Arca Perdida", "Nefertiti" y "El misterio de las pirámides"; tamén se incorporan as coleccións "Grandes enigmas de la humanidad" "2ª Guerra mundial en color" "Grandes hazañas Bélicas" e "Descubrir Europa"

lunes, 10 de enero de 2011

Fotos playback de nadal 2011

Nun abarrotado salón de actos máis de 30 nen@s do Vicedo participaron na 13ª edición do playback de nadal cantando cancións de todos os estilos (predominando as cancións de moda infantil-xuvenil). Esta edición foi moi valorada polos asistentes ó festival.

viernes, 7 de enero de 2011

Playback de nadal

Mañá sábado 8 de xaneiro ás 19h celebrarase o xa tradicional PLAYBACK DE NADAL (será a 13ª edición). Este ano participarán máis de 30 nenos e nenas entre 4 e 12 anos cantando éxitos musicais e cancións infantís. A entrada será de 2 euros para os adultos e 1 euro para os nenos e con ela participarase en sorteos que fará a APA do Vicedo no mesmo festival.

Organizan: Concello de O Vicedo e APA