miércoles, 24 de julio de 2013

Fin de semana de sendeirismo en O Vicedo

Este fin de semana vaise dedicar ó sendeirismo percorrendo as 2 rutas homologadas neste municipio. Unha polo río Sor e a outra percorrendo a costa de O Vicedo. As dúas son espectaculares xa que percorren entornos naturais moi fermosos. As rutas son gratuitas e irán guiadas por monitores do Concello de O Vicedo.

Sábado 27 xullo: Ruta Morgallón-Río Sor -Morgallón (PR-G 8) Punto de encontro: Casa da cultura de O Vicedo ás 10h e desprazamento en coches particulares ata Morgallón para iniciar alí a ruta. http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=33804&ctre=23

 Domingo 29 xullo: Ruta Costa de O Vicedo (PR-G 156) Punto de encontro: Apeadeiro FEVE de O Vicedo ás 9h30 para desprazarse en tren ata San Román e comezar alí a ruta.
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1834386


lunes, 22 de julio de 2013

Festa do turismo rural 2013

Gran éxito de participación de de afluencia á 15ª edición da Festa do turismo rural de Riobarba. Unha grande cantidade de público asistiu a todas as actividades celebradas ao longo do día (misa, degustación de pinchos, carreiras de cabalos e unha moi animada verbena que rematou ás 23h). Aquí podedes ver unha sucesión de fotografías dos diversos momentos da festa.

miércoles, 10 de julio de 2013

Kayaks

Hoxe comezan as actividades de natureza deste verán 2013 cunha ruta en kayaks polo Río Sor. O punto de encontro é o porto do Vicedo dende onde se desprazará ós participantes en furgoneta ata Ribeiras do Sor para alí comezar a ruta. Dura unhas 2 horas e ten un prezo de 15 eur por persoa. Non é necesario saber remar para participar. Anotacións ata a hora de saída no porto.
Fotografía dunha das rutas do ano 2012

Curso de surf