miércoles, 23 de octubre de 2013

Mes da Maxia ...con 2 actuacións no Vicedo

Comezou a 2ª edición do Mes da Maxia da Mariña. Consiste en asistir a unha cea nun restaurante en entre prato e prato un mago ofrece o seu espectáculo. Participan nesta segunda edición varios restaurantes da Mariña e, no Vicedo, será o 2 de novembro no Restaurante Area Grande e o 9 de novembro en La Bodeguita del Puerto. O prezo é de 25 eur por persoa para os adultos e 10 para menú infantil. Máis información en www.mesdamaxia.com

viernes, 4 de octubre de 2013

Programación sociocultural outubro 2013

Aquí está o cartel da programación de outubro co cambio importante nos días e horas do aerobic que pasa a ser os luns e mércores de 20h30 a 21h30. Tamén destaca a primeira das actuacións teatrais deste outono dentro do proxecto Buxiganga e, por suposto, a undécima edición do desfile de Samaín.

martes, 24 de septiembre de 2013

Fotos da actividade Rosalía pequeniña

Unha fermosa actividade para ir rematando o mes de setembro. Unha entrañable Uxía deleitounos cun concerto presentando o seu libro disco e mostrou unha gran empatía cos nenos e nenas e tamén cos adultos cantando cancións do disco de todos os estilos cantando poemas de Rosalía de Castro e rematou enchendo o escenario de nenos para cantar con ela.
Aquí tedes as fotos:

jueves, 19 de septiembre de 2013

ROSALÍA PEQUENIÑA



Martes 24 de Setembro na Casa da Cultura as 16h00:

A Consellería de Cultura e Educación e a Editorial Galaxia presenta un ciclo de concertos "Rosalía pequeniña", un libro disco que mestura poemas de Rosalía de Castro, ilustración de María Seoane e máis a voz de Uxía Senlle; esta dirixido os máis pequenos da casa e presenta unha Rosalía meniña que busca dialogar directamente cos ouvintes, neste disco podense escoitar cancións de ritmos dende a miuñeira, rock, baladas,blues....como di Uxía "hai moitos maneiras de interpretar e reinterpretar a Rosalía".
Agardámosvos o Martes 24 as 16h00 na Casa da Cultura de O Vicedo, non faltedes.