viernes, 20 de diciembre de 2013

Máis detalles sobre as actividades de nadal

-23 decembro: 11h. Papá Noel visita o Punto de Atención á Infancia do Vicedo situado no multiusos da Casa da Cultura.
-26-27 decembro. 21h30. Torneo de Póker para maiores de idade. Inscrición 12 €
-26 decembro: Inicianse os ensaios para o Festival de nadal que será o sábado 4 de xaneiro, así, desde ese día 26, todos os días laborables haberá ensaios cos nenos pola mañá e pola tarde en quendas para as diferentes idades. Desta maneira, os ensaios convírtense nunha estupenda actividade para este nadal. Participan habitualmente case todos os escolares do Vicedo máis algún da ESO. Colabora a APA do Vicedo.
-28 decembro: 15h. Viaxe a Xuvenlugo. Un ano máis, o Concello de O Vicedo fleta 2 autobuses e paga as entradas de nenos e nenas de 3 a 18 anos acompañados por adultos que queiran para desprazarse a Xuvenlugo. Os autobuses saen ás 3 da tarde do Vicedo e regresan ás 20h de Lugo.
-2 e 3 xaneiro: 18h. Ciclo de cine infantil. Nesas 2 tardes, despois dos ensaios para o festival, proxectaranse 2 películas infantís por determinar.
-4 xaneiro: 19h. Festival de Nadal. Como indicamos anteriormente, haberá música infantil e xuvenil, monólogos, unha pequena mostra dos grupos de baile tradicional da APA e sorteo de agasallos por cortesía da APA do Vicedo

viernes, 22 de noviembre de 2013

Tarde de tenis de mesa

Esta tarde, como todos os venres, volveremos a celebrar a tarde de tenis de mesa co que se pretende crear un grupo de xente afeccionada a este deporte para poder chegar a organizar unha liga local. A Actividade está destinada a maiores de 15 anos e se hai un grupo de xente suficiente a última hora da tarde farase un minitorneo.

lunes, 18 de noviembre de 2013

Charlas programa Activa

É necesario anotarse na OMIX  do Vicedo  porque hai que reunir un mínimo de asistentes para que se poida impartir a charla. Anotacións en OMIX@CONCELLODOVICEDO.ORG ,no facebook da Casa da Cultura ou no teléfono 982590195