lunes, 24 de febrero de 2014

Actividades para a semana...

Comeza unha semana con varias actividades, o venres os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia celebrarán o antroido disfrazándose coas monitoras e probando productos de antroido. Tamén o venres ás 22h unha nova edición de karaoke para adultos, con un amplio listado de cancións a elexir e cantar, ademáis acabamos de ver que a Acia O Vicedo organiza para esa noite unha ruta de pinchos por varios locais do Vicedo así que é un bo plan para despois.
 Tamén o venres pola tarde haberá na Casa da Cultura 3 xornadas da liga libre de tenis de mesa que está chegando ó ecuador da competición.
Unha actuación do último karaoke de Verán

viernes, 31 de enero de 2014

Noite de videoconsolas

Hoxe venres 31 de xaneiro celebrarase unha nova edición das noites de xogos, neste caso poñeranse a disposición dos participantes videoconsolas como a PS2, a XBOX, etc. 
A actividade está aberta á participación de xóvenes maiores de 14 anos


martes, 21 de enero de 2014

Liga de tenis de mesa

O venres 24 de xaneiro a partir das 18h comezará a Liga libre de tenis de mesa. Na quedada do pasado venres apareceron uns 12 interesados na liga pero vaise incorporar algún máis. Aínda estades a tempo de anotarvos, será os venres entre as 18h e as 20h e nun principio haberá unha única categoría aínda que non descartamos abrir unha segunda categoría.

miércoles, 15 de enero de 2014

Fotografías do Festival de Nadal 2014

Un gran éxito de público e participación. Máis de 40 nenos e nenas entre 3 e 17 anos interpretaron cancións de actualidade e fixeron disfrutar a un público que abarrotou o salón de actos da Casa da Cultura. Tamén se interpretaron dous monólogos e, como novidade este ano, dous bailes a cargo do grupo de baile rexional da APA do Vicedo. Asimesmo sorteáronse tres lotes de regalos no intermedio do festival cortesía da APA do Vicedo.