Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
martes, 29 de diciembre de 2015
jueves, 10 de diciembre de 2015
lunes, 7 de diciembre de 2015
Actividades nadal 2015-2016
Para este nadal temos preparadas actividades de participación para que nos nenos e nenas así como os adultos teñan opción de diversión cada día do nadal.
-O xoves 17 de decembro en horario escolar os nenos e nenas do colexio do Vicedo visitarán a Aula Cemit para participar en videoconferencia con Papá Noel e pedirlles así os regalos.
-O luns 21, coa colaboración da APA do Vicedo, está previsto que comecen os ensaios do Festival de nadal (previsto para o domingo 3 de xaneiro). Os ensaios serán en horario de mañá para os xóvenes e adultos e en horario de tarde para os nenos máis pequenos.
-Finalmente, ademais do propio festival, non pode faltar o tradicional viaxe a Xuvenlugo (antiga Lugolandia). Será o sábado 9 de xaneiro.
-Ademais destas actividades propias, a APA ten previsto organizar algunha actividade máis ao longo do nadal.
Seguiremos informando.
miércoles, 18 de noviembre de 2015
jueves, 12 de noviembre de 2015
Sinopse da obra de teatro que Debulla Escenika representará no Vicedo o sábado ás 19h
miércoles, 4 de noviembre de 2015
lunes, 26 de octubre de 2015
Desfile de Samaín 2015
Celébrase este vindeiro sábado día 31 de outubro a 13ª edición do Desfile de Samaín do Vicedo. Unha actividade que comezou no ano 2003 como unha mostra do obradoiro de calabazas que se facía en "manualidades" a cargo da monitora Conchi, e que foi rapidamente consolidándose e medrando cun desfile onde os participantes se disfrazaban con sabas brancas, con calabazas iluminadas, con rúas escuras, con berros e cánticos...
Durante todos estes anos a celebración foi aumentando en toda Galicia e xa se celebra tamén nos colexios, centros sociais, comerciais, etc, pero aquí foi un dos primeiros lugares da comunidade onde se celebrou.
Este ano o Samaín é o sábado así que esperamos unha gran participación tanto de xente do pobo como de toda a comarca. Prepararemos desde o mércores pola tarde as calabazas que teñamos e prepararemos tamén algún tipo de adornos para a festa final de remate de desfile, con merenda para todos os participantes, a cargo da ANPA do Vicedo.
Os horarios dos preparativos son os seguintes:
-Mércores 28 a partir das 17h15: Preparación das calabazas grandes que se colocarán polas rúas por onde pasará o desfile.
-Xoves 29 a partir das 17h15: Preparación das calabazas coas que os nenos desfilarán e que se deben de traer da casa. (Non é obrigatorio ter participado neste obradoiro deste día para poder desfilar) e preparación dos adornos da festa final. Os nenos de infantil e Primaria deben estar acompañados polos pais ou nais.
-Venres 30 pola mañá e pola tarde: Preparación das calabazas grandes que se colocarán polas rúas por onde pasará o desfile.
Para poder desfilar e facer máis vistosa a actividade, pedimos que tanto os adultos como os nenos vaian vestidos con sábanas brancas ou camisetas o mais largas posible dese color. Tamén pedimos que traiades unha calabaza da casa xa preparada para desfilar. Xa o sábado pola tarde, a partir das 18:30, pintaremos a todos os participantes preparándoos para o gran desfile.
Organizan: Concello de O Vicedo e ANPA do Vicedo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





