Esta semana santa faremos unha actividade que nos lembra aos mércores de natureza do verán. Trátase dunha ruta guiada en tren ata Folgueiro para achegarse camiñando ata o Fuciño do Porco e continuar despois ata San Román. Comeremos alí mesmo e voltaremos en tren de novo ata O Vicedo. Para os que non queiran/poidan ir en tren ou estar toda a ruta, hai a posibilidade de quedar na explanada do Bar Alba (Folgueiro) e comezar alí a ruta e despois rematar en San Román e regresar ata o Bar Alba. Anotacións no teléfono 982 59 01 95. Importante: Levar bocadillo e bebida para comer en San Román e calzado e roupa axeitada para camiñar. A ruta é duns 12 km e é turística, é dicir, camiñarase a un ritmo moi normal, apto para a maioría da poboación e faranse paradas explicativas nos principais puntos de interese.
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
lunes, 26 de marzo de 2018
martes, 6 de marzo de 2018
Nova noite de Xogos de mesa
Repetimos a noite de xogos de mesa!! Será o próximo venres a partir das 21h. Dirixido a maiores de 12 anos (incluíndo tamén aos adultos). Temos moitos máis xogos que os que aparecen nao cartel. Animádesvos?
lunes, 15 de enero de 2018
Tarde-noite de xogos de mesa
Presentamos unha actividade sociocultural moi apta para estes días tan invernais no noso Concello. Trátase dunha tarde-noite de xogos de mesa onde os que se acheguen poderán disfrutar de xogos tan coñecido como Pasapalabra, Monopoly, Scattergories, Pictionary, Scrabble, Party & Co, Tabú, por suposto tamén xadrez, parchís, oca, 4 en liña, Fantasma Blitz, Torre de equilibrio, etc.
De 17h a 20h para nen@s de 4º, 5º e 6º de Primaria e de 21:30h a 00:00h para xóvenes e adultos.
miércoles, 3 de enero de 2018
Festival de nadal do 30 de decembro de 2017
Celebrouse o festival de nadal cun novo éxito de público e participación. Trátase dunha actividade moi gratificante de organizar onde hai que agradecer, un ano máis, a axuda prestada pola APA do Vicedo así como de Jorge Baltar e Andrea Miradouro porque sen eles sería imposible organizar un evento así en só 4 días. Por suposto agradecementos aos nenos e nenas que ensaiaron e traballaron moito durante 4 días para sacar adiante o festival.
jueves, 28 de diciembre de 2017
A Clown e malabarista Lila Star actúa no Vicedo o mércores 3 de xaneiro
Ademais das actividades previstas para o nadal como o festival de nadal previsto para o sábado e a viaxe a Xuvenlugo, a clown e malabarista Lila Star actuará o mércores 3 de xaneiro ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo. A actuación forma parte das actividades da Deputación de Lugo por toda a provincia. Entrada gratuita.
lunes, 4 de diciembre de 2017
viernes, 17 de noviembre de 2017
Lucus Ensemble en O Vicedo (11/11/2017)
Mostramos un pequeno tramo do concerto ofrecido por Lucus Ensemble no Vicedo o pasado sábado 11 de novembro de 2017. Un Concerto onde os asistentes puideron disfrutar coa calidade dos membros do grupo (case todos profesores de conservatorio ou instituto).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






























