martes, 3 de julio de 2007

Actividades socioculturais para o mes de xullo

Durante o verán está previsto que as actividades socioculturais predominantes sexan predominantemente de exterior, aproveitando o fantástico entorno natural do Concello. No mes de xullo está previsto que se celebren 4 rutas de sendeirismo ou canoas ou mixtas durante os 4 martes do mes:



10 xullo. Subida ó Río Sor en Canoa. Saída do Vicedo ás 11h. (o regreso ó Vicedo farase en vehículos da Empresa Actividades Estaca)
17 xullo. Baixada do Río Sor en Canoa. Saída do Vicedo ás 19:30h en vehículos da empresa Actividades Estaca.
24 xullo: Ruta mixta de sendeirismo/canoas. Ruta Xilloi-Arealonga-Ponte Restaurada sobre o Río Sor-Porto do Barqueiro. Regreso en canoas pola Ría ata o porto do Vicedo e, se as condicións do mar o permiten, ata Xilloi. Saída de Xilloi ás 10:30h
31 xullo: Ruta mixta de sendeirismo/canoas: Ruta costa entre o Barqueiro e Bares pasando pola praia de Vilela. Regreso en canoas pola Ría. Saída do Barqueiro ás 10:30h
O prezo por participar nestas actividades será de 15 euros por persoa. Estas rutas tamén se repetirán nos martes do mes de agosto.

Este ano o Concello de O Vicedo participa no programa CULTURA NA RÚA, da Consellería de Cultura. Así, están previstas 2 actuacións musicais ó longo do verán. A primeira será o 27 de xullo ás 23h. e actuará o grupo Blue Rain (Blues, soul, rock…). A entrada será gratuita (para máis información sobre o grupo (escoitar a súa música, fotos, historia... ) poden consultar a páxina www.myspace.com/triobluerain

Ademais destas actividades, a semana do 9 ó 13 de xullo repetirase o obradoiro de danza moderna e hip hop para xóvenes e este ano tamén os adultos terán a oportunidade de asistir a unhas clases intensivas e gratuitas de bailes de salón durante as noites desa semana (a partir das 20:30h).

Ademais, o 8 de xullo celebrarase unha nova edición da Festa do Turismo Rural no mirador do Parque eólico de Riobarba con competicións e unha grande festa na Carpa instalada nese mirador.

Trío Blue Rain

2 comentarios:

Anónimo dijo...

a parte destas iniciativas yo creo ke se deberia krear un buzon de sugerencias y kejas en la web para poder acerselas yegar al alcalde.haber si alguien se hace eco de mi sugerencia.acias

Anónimo dijo...

tine mucha razon acerle caso