O luns 15 de outubro ás 20:30h terá lugar a reunión de inicio do xa tradicional curso de aerobic dirixido a tódalas idades. Nesa reunión estableceranse os horarios e os 2 días á semana de realización do mesmo.
Como novidade destacaríamos que este ano será unha nova monitora a que impartirá o curso. O prezo será de 15 euros ó mes e está previsto comezar xa durante esa mesma semana. Máis información e inscrición na Casa de Cultura.
2 comentarios:
vais avisar cuando es para apuntarse?????
En principio a reunión é o luns 15. O martes 16 publicaremos aqui os horarios e días definitivos. Nese momento tamén podedes apuntarvos.
Publicar un comentario