Trátase dunha axuda ao aluguer de 210 euros mensuais durante un máximo de catro anos para mozos entre 22 e 30 anos, titulares dun contrato de arrendamento ou que o vaian a ser no prazo de tres meses desde a aprobación provisional da axuda, cunha fonte regular de ingresos inferiores ós 22.000 euros brutos anuais. A axuda pode incluir un préstamo de 600 euros para o pagamento da fianza, e 120 euros para os gastos de constitución de aval.
Máis información pasando pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local ou a Oficina de Xuventude, situada ambas na Casa da Cultura do Vicedo.
A páxina web oficial destas axudas é http://www.alquilerjoven.es/
3 comentarios:
As persoas que teñen 30 anos poden optar a esa axuda?
Non, é para xóvenes entre 22 e 30 anos. De feito, as persoas que reciban esta axuda deixarán de recibila no momento en que cumpran os 30 anos.
Pois engañáronme nunha inmobiliaria, jeje. Dixéronme que interrumpíase ós 31.
Publicar un comentario