Segue aberto o prazo para inscribirse na viaxe á Estación de Esquí de Pajares (Asturias).
As condicións da viaxe son:
Prezo: 102 euros para empadronados no Vicedo. Inclúe aloxamento, tódalas comidas, forfait, autobús, curso de iniciación 2 horas diarias e material para esquiar. Se xa sabedes esquiar e non necesitades o curso ou tedes material o prezo baixa. O Concello de O Vicedo subvenciona a viaxe con 35 euros por persoa (xa descontados no prezo sinalado).
Idades: Para maiores de idade.
Prazos para anotarse: Ata o 29 de febreiro na Casa da Cultura. Hai só 20 prazas.
Datas e horarios: A viaxe será o 7, 8 e 9 de marzo. Sairase o venres pola tarde-noite e regresarase o domingo pola tarde (os que non poidan ir no autobús tamén poden ir en coches particulares).
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
lunes, 25 de febrero de 2008
jueves, 21 de febrero de 2008
proxección de Los Simpson, la película
Mañá venres 22 de febreiro proxectarase a película de animación LOS SIMPSON, LA PELÍCULA. Será a partir das 21h no auditorio da Casa da Cultura con entrada gratuita. Aquí podedes ver o trailer
jueves, 14 de febrero de 2008
noite de xogos de mesa na Casa da Cultura.
Este venres 15 de febreiro a partir das 21h e dirixido a maiores de 14 anos vai ter lugar unha noite de xogos de mesa onde se poderá xogar a xogos tan coñecidos como PARTY & CO, SCATTERGORIES, , PICTIONARY, TABÚ, SCRABBLE, CIFRAS E LETRAS, ETC.
miércoles, 6 de febrero de 2008
Curso Iniciación á informática para a Asociación Coelleira
Vaise impartir no telecentro da Casa da Cultura un curso gratuito de iniciación á informática para a Asociación Coelleira pero aberto tamén a calquera persoa interesada. Nun principio comezarán a semana que ven e serán en 2 turnos: Os martes e venres de 7 a 8:30 da tarde un turno e os mércores e venres de 5:30h a 7 da tarde o outro turno.
Máis información pincha no enlace:
Fotos do antroido 2008 no Vicedo
A APA de O Vicedo organizou un ano máis a tradicional festa infantil de antroido que se celebrou o domingo 3 de febreiro na Casa do Mar. Houbo unha gran participación e gran ambiente con música, orellas e roscas típicas de antroido e chocolate.
viernes, 1 de febrero de 2008
Programación para o mes de febreiro
Xa está preparada a programación para o mes de febreiro. Ademais das actividades de antroido que organizan as 2 asociacións, as actividades propias da Casa da Cultura son as seguintes:
-Venres 15 febreiro: Noite de xogos de mesa. Está destinada a xóvenes maiores de 14 anos e será entre as 21h e as 23:30h aproximadamente. Alí os participantes xogarán a xogos de mesa de éxito como o Tabú, o Party & Co, o Scrabble, o Scattergories, Cifras e letras, etc.
-Venres 22 febreiro: Cine: Los Simpson, la película. Este gran éxito xuvenil e infantil proxectarase ás 21h.
Ademais desto, durante todo o mes estará aberto o prazo para inscribirse na viaxe á Estación de Esquí de Pajares (Asturias).
As condicións da viaxe son:
Prezo: 102 euros para empadronados no Vicedo. Inclúe aloxamento, tódalas comidas, forfait, autobús, curso de iniciación 2 horas diarias e material para esquiar. Se xa sabedes esquiar e non necesitades o curso ou tedes material o prezo baixa. O Concello de O Vicedo subvenciona a viaxe con 35 euros por persoa (xa descontados no prezo sinalado).
Idades: Para maiores de idade.
Prazos para anotarse: Ata o 29 de febreiro na Casa da Cultura. Hai só 20 prazas.
Datas e horarios: A viaxe será o 7, 8 e 9 de marzo. Sairase o venres pola tarde-noite e regresarase o domingo pola tarde (os que non poidan ir no autobús tamén poden ir en coches particulares).

Fotografía da viaxe a Pajares na edición de 2006
Novos horarios e novo dinamizador do Telecentro de O Vicedo
O telecentro de O Vicedo, situado na planta baixa da Casa da Cultura, conta desde comezos de ano cun novo dinamizador e un novo horario. Abre os luns, mércores e venres de 11h a 15h e tódalas tardes de 16h a 21h.
Este dinamizador encargarase de organizar obradoiros para xente de tódalas idades e de axudar a toda persoa que entre no telecentro a conectarse, saber navegar, consultar información, correo electrónico... O Telecentro conta con 4 ordenadores na planta baixa e 2 na biblioteca; ademais, tamén os usuarios poden conectarse a través dos seus propios ordenadores portátiles porque hai rede Wifi.
Tedes máis información na web : http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/centros/index.php?idc=41

Suscribirse a:
Entradas (Atom)