lunes, 25 de febrero de 2008

Inscríbete para aprender a esquiar en Pajares (Asturias)

Segue aberto o prazo para inscribirse na viaxe á Estación de Esquí de Pajares (Asturias).
As condicións da viaxe son:
Prezo: 102 euros para empadronados no Vicedo. Inclúe aloxamento, tódalas comidas, forfait, autobús, curso de iniciación 2 horas diarias e material para esquiar. Se xa sabedes esquiar e non necesitades o curso ou tedes material o prezo baixa. O Concello de O Vicedo subvenciona a viaxe con 35 euros por persoa (xa descontados no prezo sinalado).
Idades: Para maiores de idade.
Prazos para anotarse: Ata o 29 de febreiro na Casa da Cultura. Hai só 20 prazas.
Datas e horarios: A viaxe será o 7, 8 e 9 de marzo. Sairase o venres pola tarde-noite e regresarase o domingo pola tarde (os que non poidan ir no autobús tamén poden ir en coches particulares).

No hay comentarios: