miércoles, 15 de octubre de 2008

Ruta de sendeirismo: Morgallón Río Sor Morgallón "Outono no Vicedo"

O próximo sábado 18 de outubro terá lugar unha ruta de sendeirismo guiada denominada esta vez "outono no Río Sor" e que percorrerá a ruta de sendeirismohomologada "Morgallón-Río Sor-Morgallón" (PR-G 8).
Trátase dun percorrido de 9 km que discorre na súa maior parte pola beira do Río Sor e que ten unha grandebeleza nesta época do ano.A ruta guiada será gratuita e o punto de saída será a Casa da Cultura de OVicedo ás 10h para desprazarse en coches particulares ó inicio da ruta en Morgallón (Negradas).


No hay comentarios: