Por outra banda, o sábado 30 a partir das 19h30 volve o teatro á Casa da Cultura. Será a Compañía da Biblioteca de Antas de Ulla que representará a obra CRÓNICAS DAQUELA ESCOLA. A obra é de grande interese porque trata de reflexar como era a escola na época franquista.
Para rematar o domingo será o desfile de Samaín. Comezará ás 19h30 partindo da Casa de Cultura e percorrerá as principais rúas do Vicedo. Poden participar nenos e adultos aínda que non acudiran ós obradoiros semanais sempre que traigan algún atuendo branco e unha calabaza xa rematada e con luz. Ó final haberá castañas para tódolos participantes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario