Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
lunes, 28 de septiembre de 2020
Monicreques e Teatro
Esta semana...Monicreques e teatro.
Continúan as actividades socioculturais no Concello de O Vicedo, esta semana volven as actividades de interior con monicreques e teatro. O xoves 1 de outubro ás 16:30h Larraitz Urruzola presenta "A festa dos monicreques" Larraitz falará das investigación da As Morreu o Demo e con títeres contará a historia de Dona Barriga Verde unha pícara pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos monstros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo.
Por outra banda, o sábado ás 20h volve o teatro profesional ó Vicedo, nesta ocasión Expresión Produccións presenta "Que é o que preciso?. Unha divertida obra para todos os públicos.
A entrada é gratuita nos dous espectáculos e respectaranse escrupulosamente as normas de prevención frente ao COVID-19. Así, as butacas están numeradas e serán asignadas a cada persoa para garantizar as distancias de seguridade, asimesmo, ordenarase a entrada e saída do salón de actos para garantizar que non haxa aglomeracións e será obrigatorio o uso de máscara durante todo o espectáculo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario