miércoles, 15 de octubre de 2008

Ruta de sendeirismo: Morgallón Río Sor Morgallón "Outono no Vicedo"

O próximo sábado 18 de outubro terá lugar unha ruta de sendeirismo guiada denominada esta vez "outono no Río Sor" e que percorrerá a ruta de sendeirismohomologada "Morgallón-Río Sor-Morgallón" (PR-G 8).
Trátase dun percorrido de 9 km que discorre na súa maior parte pola beira do Río Sor e que ten unha grandebeleza nesta época do ano.A ruta guiada será gratuita e o punto de saída será a Casa da Cultura de OVicedo ás 10h para desprazarse en coches particulares ó inicio da ruta en Morgallón (Negradas).


lunes, 6 de octubre de 2008

PROGRAMACION OUTUBRO 2008

Ruta de Sendeirismo: "O OUTONO NO RIO SOR". Sábado 18 de outubro, saída da Casa da Cultura en coches particulares as 10 horas.
MORGALLÓN- RÍO SOR- MORGALLÓN.
Máis información sobre a ruta:
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ordRs=1&ctre=32111&crec=33804&idversion=1-49KU33&refnumber2=01010602&full=&cidi=E&premium=

Inicio Curso Bailes de Salón: (Impartido polo monitor do obradoiro de hip hop e bailes de salón do verán): Inicio: martes 21 de outubro ás 21:30h (será todos os martes do mes). O prezo será de 6 euros por persoa ó mes.










6º Desfile de Samaín: Venres 31 de outubro as 19:30h saída e regreso á Casa do Mar (ó final repartiranse castañas para os asistentes). A preparación dos traxes e calabazas será durante as tardes da semana anterior na Casa do Mar do Vicedo e na escola Unitaria do Folgueiro.

Organiza: Apa O Vicedo.
Colabora: Concello de O Vicedo.

miércoles, 1 de octubre de 2008

INICIO AEROBIC

O vindeiro xoves día 2 dará comenzo o curso de aerobic, que despois da reunión mantida onte os horarios quedan da seguinte forma:
MARTES E XOVES: 20:30 A 21:30.
O prezo será 15 euros/mes.
Para anotarse acudir o xoves ou na Casa da Cultura: 982 59 01 95

jueves, 25 de septiembre de 2008

INICIO AEROBIC

O vindeiro martes 30 de setembro habrá unha reunión na casa da cultura, para establecer os horarios, días e características do curso INICIO AEROBIC. O prezo será de 15 euros/mes (dous días á semán, unha hora cada día).
Máis información e inscrición: Casa da Cultura (982 59 01 95)

lunes, 15 de septiembre de 2008

RUTA DE SENDEIRISMO

Ó redor de 15 persoas participaron o pasado sábado na ruta de sendeirismo PORTO DO VICEDO-XILLOI-AS LAXES- PORTO DO VICEDO, cunhas condicións climatolóxicas excelentes e disfrutando dunhas vistas inmellorables.


miércoles, 10 de septiembre de 2008

SENDEIRISMO

O vindeiro 13 de setembro, sábado, realizarase unha nova ruta de sendeirismo. A saída será do porto do Vicedo as 10:30 h, con unha duración aproximada de 3 horas. Recoméndase levar roupa e calzado apropiados. Poden participar todas as persoas que o desexen pero os menores de 8 anos deberán ir acompañados dun adulto. A ruta será a seguinte:

PORTO DO VICEDO-XILLOI-AS LAXES-PORTO DO VICEDO

INFORMACION CASA CULTURA: 982 59 01 95

martes, 2 de septiembre de 2008

OBRADOIRO DE XOGOS

Ó longo desta semán estanse levando a cabo os obradoiros de xogos neste concello, con unha gran participación por parte dos nenos do municipio, tal e como podedes comprobar. Aínda estades a tempo de participar. ¡Animádevos!