lunes, 13 de julio de 2015

Ruta de sendeirismo pola costa oriental do Vicedo.

Este mércores día 15 celebrarase a segunda actividade dos mércores de natureza que se organizan todos os veráns desde a Casa da Cultura do Vicedo. Neste caso trátase dunha ruta de sendeirismo duns 10 km que percorrerá a costa máis oriental do Concello de O Vicedo. Para iso, comezarase ás 10h desde a praia de Abrela a percorrer o sendeiro azul Abrela-Punta Socastro, pasando polas praias de Porto de Val e Alecrín ata chegar á espectacular Punta Socastro, despois emprenderase o camiño de volta para incorporarse á Ruta do Cantábrico ata chegar á Praia de Areagrande, na parroquia de San Román. A actividade é gratuita e o punto de encontro será a praia de Abrela.
Praia de Alecrín

lunes, 6 de julio de 2015

Comezan as actividades de natureza no Vicedo

Desde fai uns anos todos os mércores do verán véñense organizando os chamados "mércores de natureza". Trátase de actividades que tratan de resaltar a beleza natural da nosa comarca combinado con actividade física lixeira en forma de rutas de sendeirismo, rutas en kayaks ou mesmo a combinación das dúas. 
 A primeira destas actividades de natureza será este mércores e consiste na Baixada do Río Sor en kayaks, o punto de encontro será o porto do Vicedo ás 10h30 e desde alí vehículos da empresa Actividades Estaca desprazarán aos asistentes ata Ribeiras do Sor para alí meterse no río e comezar o descenso que os traerá de novo ata o Porto do Vicedo. Trátase dunha actividade dunhas 2 horas de duración en kayaks insumerxibles e moi doados de manexar polo que se convirte nunha actividade moi interesante para familias. A actividade ten un custe de 15€ por persoa e hai que anotarse no 982 59 01 95 ou omix@concellodovicedo.org